Afonso I, Duque de Braganza
Afonso I de Braganza, nado talvez en Veiras (Alentejo) en 1377 e finado en 1461, foi o 8.º conde de Barcelos, 2.º conde de Neiva e o 1.º Duque de Braganza. Foi fillo natural do rei Xoán I e de Inés Pires.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de agosto de 1377 (Gregoriano) ![]() Estremoz (Reino de Portugal) ![]() |
Morte | 15 de decembro de 1461 (Gregoriano) ![]() Chaves ![]() |
Lugar de sepultura | Mosteiro de Batalha ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Portugal ![]() |
Relixión | Cristianismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata ![]() |
Lingua | Lingua portuguesa ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Conquista de Ceuta (pt) ![]() ![]() |
Outro![]() | |
Título | Duque ![]() |
Familia | Casa de Bragança ![]() |
Cónxuxe | Constança de Noronha (1420 (Gregoriano)–) Beatriz Pereira Alvim (1401 (Gregoriano)–) |
Fillos | Fernando I, Duque de Bragança ( ![]() ![]() Afonso de Bragança, Marquês de Valença (pt) ![]() ( ![]() ![]() Isabel de Barcelos (pt) ![]() ( ![]() ![]() ![]() |
Pais | Xoán I de Portugal ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Beatriz, Condessa de Arundel (pt) ![]() ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarO primitivo estado e patrimonio dos Braganza formouse con bens e terras que dotou á filla o condestábel Nuno Álvares Pereira (1360-1431) 7.° Conde de Barcelos. Foi o fundador da casa de Braganza. O señorío e o Ducado de Braganza solicitounos ao rexente Pedro, con motivo de breve reconciliación entre ambos, que llo concedeu no ano 1442. Os descendentes foron Duques de Guimarães o 23 de novembro de 1470 e de Barcelos o 5 de agosto de 1562.
Durante o reinado de Duarte tivo excelentes relacións co seu medio irmán, pero non o conseguiu demover da tráxica expedición a Tánxer. Despois da morte de Duarte e durante a rexencia da súa viúva dona Leonor e don Pedro, irmán do falecido rei, non foron boas as relacións entre Afonso e Pedro. En 1442 este obtivo do rexente o señorío e Ducado de Braganza. Era o terceiro Ducado de Portugal (os dous primeiros foron creados por Xoán I para os seus dous fillos: o de Coímbra a Pedro e o de Viseu para Henrique)
Casamento e descendencia
editarCasou en Leiria en 8 de novembro de 1401 con Brites ou Beatriz Pereira de Alvim (1380-1412) condesa de Barcelos e condesa de Arraiolos, filla única do condestábel Nuno Álvares Pereira e Leonor Alvim, morta en 1 de novembro de 1401, a herdeira da casa máis opulenta do reino. Dese casamento, tivo tres fillos:
- Afonso, conde de Ourém e marquês de Valença (mercé de Afonso V) que faleceu aínda en vida de seu pai en 1460;
- Fernando que sucedeuo no ducado de Braganza;
- Isabel que casou co seu tío o infante Xoán, Infante de Portugal, fillo de Xoán I.
En 1420, casou con Constanza de Noreña, filla de Afonso de Gijón e Noreña, fillo de Henrique II de Castela, pero non tivo fillos.
O seu neto en sexta xeración, Xoán II de Braganza, seria despois o rei Xoán IV de Portugal.