Antonio I de Portugal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Antonio I de Portugal, nado en Lisboa en 1531 e finado en París o 26 de agosto de 1595, foi un nobre portugués.
António I | |
---|---|
Rei de Portugal | |
![]() | |
Reinado | 24 de xullo de 1580 - 1583 |
Nacemento | 1531 Lisboa, Portugal |
Falecemento | 26 de agosto de 1595 París, Francia |
Predecesor | Henrique I de Portugal |
Sucesor | Filipe I de Portugal |
Consorte | Ana Barbosa |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
Traxectoria editar
Máis coñecido polo alcume de O Prior do Crato (e, máis raramente, como O Determinado, O Loitador ou O Independentista, pola énfase posta no recobro da independencia de Portugal), foi fillo do Infante Luís e neto de Manuel I, pretendente ao trono durante a crise sucesoria de 1580 e, segundo algúns historiadores, rei de Portugal (durante un breve espazo de tempo en 1580, no continente, e dende entón ata 1583, confinado nos Azores). Non consta xeralmente na lista de reis de Portugal, malia que reinou de facto, durante un curto período de tempo. Coa invasión dos Azores por tropas españolas, en 1583, dá fin o reinado de Antonio I, que se refuxia en París, onde faleceu. Deixou vasta descendencia.
Rei de Portugal | ||
---|---|---|
Segue a: Henrique I de Portugal |
Antonio I de Portugal | Precede a: Filipe I de Portugal |
Dinastía de Avis-Bexa |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |