María de Aragón
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
María de Aragón pode referirse a:
- Varias raíñas da Casa de Trastámara, que tamén poden ser chamadas María de Trastámara ou Trastamara:
- María de Aragón (raíña de Castela) ou María de Trastámara (1403-1445), unha das infantas de Aragón. Foi raíña nos reinos da Coroa de Castela como consorte de Xoán II de Castela desde o s3u matrimonio en 1420;
- María de Castela, que tamén pode ser chamada María de Trastámara (1401-1458), infanta castelá e irmá de Xoán II de Castela. Foi raíña nos reinos da Coroa de Aragón como consorte de Afonso V de Aragón;
- María de Aragón (1482-1517), raíña do reino de Portugal como consorte de Manuel I de Portugal desde o seu matrimonio en 1500;
- Unha raíña da Casa de Aragón:
- María de Luna (1358-1406), raíña nos reinos da Coroa de Aragón como consorte de Martiño I de Aragón, o Humano, último rei da Casa de Aragón;
- Varias infantas da Casa de Aragón:
- María de Aragón (1248-1267), monxa, filla de Xaime I de Aragón e Violante de Hungría;
- María de Aragón (1299-1347), filla de Xaime II de Aragón e Branca de Nápoles. Foi tamén infanta de Castela por matrimonio con Pedro de Castela;
- María de Aragón (n. 1455), filla ilexítima de Xoán II de Aragón.