Para a filla de Álvaro de Luna, véxase María de Luna y Pimentel.

María de Luna, tamén coñecida como Maria López de Luna e María de Aragón, nada en Pedrola, Reino de Aragón, en 1353, 1357 ou 1358, segundo as fontes, e finada na Vila-real, Reino de Valencia,[1] foi unha nobre aragonesa, filla de Lope de Luna, Señor de Luna e primeiro conde de Luna e da súa esposa Brianda d'Agout.[2]

Infotaula de personaMaría de Luna

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1353 Editar o valor em Wikidata
Pedrola Editar o valor em Wikidata
Morte28 de decembro de 1406 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Vila-real Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Poblet Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Aragón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua catalá e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRaíña consorte de Aragón (1396–1406)
Señora de Segorbe (1360–1406)
Conde de Luna (1348) (1360–1406) Editar o valor em Wikidata
FamiliaHouse of Luna (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMartiño I de Aragón (1372 (Gregoriano)–)
FillosMartiño o Mozo Editar o valor em Wikidata
PaisLope de Luna Editar o valor em Wikidata  e Brianda de Got Editar o valor em Wikidata
IrmánsFernando López de Luna (en) Traducir e Brianda de Luna (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
22 de abril de 1399 (Gregoriano)coroación (Zaragoza) Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 8070307 Editar o valor em Wikidata
Escudo de María de Luna no Mosteiro de Poblet.
Armas de María de Luna no Mosteiro de Veruela.

Foi raíña consorte da Coroa de Aragón polo seu matrimonio co infante Martiño, conde de Besalú, máis tarde rei de Aragón (co nome de Martiño I, o Humano.[2]

Traxectoria

editar

María era aragonesa de nacemento. A súa familia pertencía á alta aristocracia de Aragón. Foi a filla e herdeira de Lope de Luna, primeiro conde de Luna e señor de Segorbe, e da súa esposa de Brianda de Got. Foi comprometida en matrimonio co infante Martiño, fillo de Pedro IV de Aragón, o Cerimonioso, cando aínda non chegara aos 8 anos. O Cerimonioso buscaba casar ao seu fillo unha persoa da alta nobreza e de gran riqueza, polo que invalidou un primeiro acordo para que casara con Xoana de Xèrica, e decantouse polos Luna.[3] Tan pronto como María cumpriu os 8 anos, foi entregada á raíña Leonor de Sicilia, esposa de Pedro IV, para que fose educada na Corte.

O matrimonio con Martiño celebrouse o 13 de xuño de 1372 na Catedral de Barcelona.[3]

Nos últimos anos da vida do seu pai, Martiño mantivo unha posición de moderación en relación co enfrontamento que tiña co seu irmán máis vello, Xoán, o primoxénito,[4] dominado pola súa esposa Violante de Bar, que levaba unha política máis ben francófila,[5] contraria á anglófila que levaba a cabo o Cerimonioso e, en termos xerais, a tradicional da Coroa de Aragón.[6] Co ascenso do seu irmán ao trono en 1387 foi nomeado duque de Montblanc e lugartenente seu.

No ano 1396, Martiño e María ascenden ao trono tras a morte sen sucesión de Xoán I de Aragón o Cazador.[7] Martiño daquela estaba en Sicilia, polo que a nova raíña tivo que actuar como Lugartenente Xeral fronte ás pretensións ao trono do Conde de Foix Mateo I, en nome da súa muller Xoana, filla máis vella de Xoán I de Aragón, e da súa viúva a raíña Violante. Mateo, aproveitando a ausencia de Martiño, tratou de invadir Aragón nese ano, pero María, coa axuda do conde de Urgel, Pedro II, puido frear o ataque; Mateo I de Foix foi detido e a invasión do reino foi un fracaso. En 1397 Martiño regresou de Sicilia e chamou a Xoán e a Mateo a unha reunión en Barcelona; nela lle foron confiscados todos os dominios ao conde de Foix, é dicir, o Condado de Foix e os viscondados de Bearne e de Castelbon.[7]

Inmediatamente despois da súa chegada, o 13 de outubro de 1397, Martiño xurou os Foros en Zaragoza, como establecera o seu padre, Pedro I V, sendo coroado como rei na Catedral desta cidade o 13 de abril de 1399. As celebracións fixéronse na Aljafería.

En 1401, á morte do conde de Empúries Pedro III, sen descendencia, Martiño reclamou o condado para a coroa de Aragón, ao ano seguinte doullo a María que, mesmo despois do regreso a Aragón do seu marido, seguía a ser politicamente moi activa.[7]

No ano 1403 o antipapa Benedito XIII, Pedro Martínez de Luna (coñecido como o papa Luna), parente de María que fora elixido papa o 28 de setembro de 1394, encontrábase sitiado no seu Palacio de Avignon. Martiño, o esposo de María, coas súas tropas, liberouno e levouno san e salvo ao Palacio dos Luna en Peñíscola (Valencia), onde morreu en 1423.

María foi unha muller nobre, como descendente da Casa de Luna, caritiva e amante da xustiza, de profundas conviccións relixiosas, e amante da música e a lectura. Muller austera e elegante, a pompa e a frivolidade da corte no influíu nela, que superaba ao seu marido en capacidade de goberno. Dona próxima ao pobo, protexeu sempre aos máis desfavorecidos, axudándoos economicamente, mesmo eximíndoos de impostos; defendeu aos campesiños da Remensa, ás alxamas de mouros e xudeus de Calatayud e Daroca; intentou buscar a paz entre os clans familiares que estaban asolando os reinos, incluídos os da súa propia familia; escribiuó varias cartas ao papa Benedito XIII, para conseguir abolir os malos usos cataláns considerados contrarios ás leis humana e divina...

A raíña María tiña unha saúde moi precaria. Morreu dun ataque de apoplexía en 1406 en Vila-real, indo cara ás súas terras de Segorbe, cando ía a reunirse co seu esposo que estaba en Valencia.

No seu testamento, redactado no ano 1404, doaba aos freires do Espírito Santo do convento do mesmo nome que ela promovera para eles (a 10 km de Sagunto e 35 de Valencia), así como unha renda de 5 000 sous valencianos que cobrarían das rendas de Almonacid, aumentadas máis tarde en 1 500 sous máis, que se destinarían para vestiario e manutención, e 500 sous máis a cobrar das rendas de Paterna para as reparacións do edificio.

Os seus restos mortais repousan no Real Mosteiro de Santa María de Poblet.

Descendencia

editar

María e Martiño tiveron catro fillos, os cales só un chegou á idade adulta:[7][8]

Predecesor:
Violante de Bar
 

Raíña consorte de Aragón e de Valencia
Condesa consorte de Barcelona

1396-1406
Sucesor:
Margarida de Prades
  1. Mort de la reina María de Luna a Vila-Real (1406) (en catalán).
  2. 2,0 2,1 ver LOPE de Luna. Señor de Luna en C. LUNA, en ARAGON NOBILITY, en Medieval Lands (en inglés).
  3. 3,0 3,1 Claramunt 2002, p. 222.
  4. Mestre i Campi 1998, p. 658-659.
  5. Vilar & Batlle 1988, p. 188.
  6. Ferrer i Mallol 1978, p. 143.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Reis de Argón en Medieval Lands (en inglés).
  8. Casa de Barcelona - xenealoxía Arquivado 05 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar