Abrir o menú principal

Martiño o Mozo

(Redirixido desde "Martiño I de Sicilia")

TraxectoriaEditar

Martiño foi o primeiro dos catro fillos de Martiño I de Aragón e da súa primeira esposa, María de Luna, filla e herdeira do Conde de Luna. Era, por tanto, neto de Pedro o Cerimonioso e sobriño de Xoán I de Aragón.

En 1390 casou con María de Sicilia, a quen lle retornou o reino de Sicilia, recuperándoo mediante a forza militar contra un grupo de baróns rebeldes.[2] Aproveitando un complicado momento político no que houbo varios actos antixudeus en 1392 que o rei Martiño fixo amortecer apoándose na bula Sicut Judaeis, actualizada polo papa Martiño IV en 1281.[3]

Martiño foi coroado como rei de Sicilia o 13 de abril de 1398 en Palermo.[4]

Reinou conxuntamente coa súa muller até a morte desta en 1402. Despois rexeitou o tratado de 1372 asinado polo rei anterior, Federico III de Sicilia, e gobernou en solitario. Deste primeiro matrimonio naceu un fillo, o infante Pedro de Sicilia (1394-1400).

En 1398 foi declarado sucesor de seu pai poas Cortes, despois de que o soberano aceptara que o príncipe se presentara no momento oportuno a xurar o estatuto de unión dos reinos de Aragón e Valencia e do condado de Barcelona, así como os seus foros.[5]

Martiño O Mozo casou en segundas nupcias con Branca de Navarra, herdeira da familia Evreux e futura raíña de Navarra (Branca I). Deste matrimonio tivo outro fillo, o infante Martiño de Aragón (1403-1407).

Dirixiu as tropas da conquista de Sardeña e, en 1409, venceu definitivamente ás autoridades de Arborea na batalla de Sanluri, xusto antes da súa morte por enfermidade na cidade de Cagliari.

A súa tumba encóntrase na catedral desta cidade.

Como ningún dos fillos nacidos dos seus matrimonios sobreviviuno, o único descendente que deixou foi un fillo ilexítimo, Federico de Luna, que tivo coa súa amante Tarsia Rizzari.[6]

Martiño I de Aragón, coñecido como Martiño o Vello, intentou nomear ao seu neto ilexítimo como sucesor da Coroa de Aragón, pero non obtivo suficiente apoio e, no compromiso de Caspe, a candidatura deste foi definitivamente rexeitada a favor da de Fernando de Antequera.

DescendenciaEditar

Martiño tivo un herdeiro, morto precozmente, de María de Sicilia, un de Branca e dous fillos de dúas amantes:[7][8]

Antepasados de Martiño o MozoEditar

 
Mausoleo de Martiño o Mozo, no transepto da Catedral de Cagliari.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Xaime II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
8. Afonso IV de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Branca de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
4. Pedro IV de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Gombald de Entensa
 
 
 
 
 
 
 
9. Teresa de Entensa
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Constanza de Attillon
 
 
 
 
 
 
 
2. Martiño I de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Federico III de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
10. Pedro II de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Leonor de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
5. Eleonor de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Otón III de Carintia
 
 
 
 
 
 
 
11. Isabel de Carintia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Eufemia de Legnica
 
 
 
 
 
 
 
1. Martiño o Mozo
(Martiño I de Sicilia)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Lope de Luna, conde de Luna
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. María de Luna
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Brianda de Got (ou de Agasunt)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
María I de Sicilia
Rei de Sicilia
Con María I até 1402

1390-1409
 
Sucesor:
Martiño I de Aragón
(Martiño II o Vello)

NotasEditar

  1. Calendario xuliano.
  2. Nef 2013, p. 342.
  3. Simonsohn 2011, p. 102.
  4. Francesco Aprile (1725): Della cronologia universale della Sicilia, p. 207.
  5. Aldama, Dionisio de, e García González, Manuel (1862): Historia general de España desde los tiempos primitivos hasta fines del año 1860. Volume 5. Madrid, pp. 70-71.
  6. 6,0 6,1 Tarsia Rizzari en geni.com (en castelán).
  7. Reis de Aragón en Medieval Lands (en inglés).
  8. Casa de Barcelona. Xenealoxía (en inglés).
  9. Agathe de Pesce en geneanet.org (en francés).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar