Leonor de Anjou, tamén coñecida como Leonor de Nápoles e Leonor de Sicilia, nada en agosto de 1289 en Nápoles, Reino de Nápoles (Regnum Siciliae citra farum),[1] e finada o 9 de agosto de 1341 en Nicolosi, preto de Catania, Reino de Trinacria (Regnum Siciliae ultra farum),[1] foi unha princesa do Reino de Nápoles (R. s. citra farum) que foi consorte do rei Frederico III de Sicilia (R. S. ultra farum).[2][3][4][5]

Leonor de Anjou
Raíña consorte de Sicilia
Leonor coas súas irmás, na Biblia de Nápoles

Reinado17 de maio de 1302
25 de xuño de 1337
Nacementoagosto de 1289
Nápoles, Reino de Nápoles (Regnum Siciliae citra farum)
Falecemento9 de agosto de 1341
Nicolosi, preto de Catania, Reino de Trinacria (Regnum Siciliae ultra farum)
SepulturaUn Mosteiro franciscano de Catania
Cónxuxe/sFilipe de Toucy
Frederico III de Sicilia
DescendenciaVéxase Descendencia
Casa realCasa capeta de Anjou
ProxenitoresCarlos II de Nápoles
María de Hungría

Escudo de Leonor de Anjou
Armas dos reis aragoneses do Reino de Sicilia
Na rede
WikiTree: Capet-582
Igrexa de San Francesco d'Assisi all'Immacolata, que mandou construír Leonor e onde está sepultada.

Orixes familiares editar

Leonor era a décima filla do rei de Nápoles e rei titular de Sicilia, conde de Anjou e de Maine, conde da Provenza e de Forcalquier, príncipe de Tarento, rei de Albania, príncipe de Acaia e rei titular de Xerusalén, Carlos II de Anjou,[6] e de María de Hungría, filla terceira de Estevo V de Hungría e da súa esposa, a raíña Isabel a Cumana.[7][8]

Era tamén irmá, entre outros, de Roberto de Anjou, duque de Calabria, e do franciscano conventual San Lois da Tolosa.

Traxectoria editar

Leonor casou en 1299, cando tiña uns dez anos de idade, co n obre siciliano Filipe de Toucy, futuro príncipe titular de Antioquía (título herdado da súa nai, Lucía de Antioquía), e futuro señor de Terza (herado do seu pai Narjot de Toucy). Seu matrimonio foi anulado o 17 de xaneiro de 1300 por bula do papa Bonifacio VIII, pola pouca idade da noiva (ademais de que estaban emparentados e non pediran dispensa ao papa para casaren).[2]

No ano 1302, despois de que Carlos de Valois, comandante das tropas anxevinas do Reino de Nápoles (R. S. c. f.) intentara, sen éxito, conquistar polas armas a illa de Sicilia, o mesmo Carlos de Valois, e máis o pai de Leonor, o rei de Nápoles Carlos II, o Coxo, e o papa Bonifacio VIII, propuxeron ao rei de Sicilia Frederico III (R. S. u. f.), da Casa de Aragón, casarsa con Leonor.[9]

O pai de Leonor e o seu fututo novo esposo estiveron implicados na guerra polo predominio no Mediterráneo e, especialmente, en Sicilia e no Mezzogiorno italiano. O matrimonio foi parte dun esforzo diplomático para establecer relacións pacíficas entre aragoneses e anxevinos que levaría á paz de Caltabellotta (19 de agosto de 1302).

Esta paz dividiu o vello Reino de Sicilia nunha porción insular e outra peninsular. A illa, camada Reino de Trinacria (ou Regnum Siciliae ultra farum), pasou a Frederico, que xa a estaba gobernándoa, como dote de Leonor, até a morte do rei, despois da cal a illa debería pasar de novo aos Anjou,[9] e o sur da Península Itálica, chamado na época Reino de Sicilia (ou Regnum Siciliae citra farum) —coñecido pola historiografía moderna Reino de Nápoles— quedou en poder de Carlos II, que xa o estivera gobernando. Así, a paz era un recoñecemento formal dun incómodo statu quo.

Véxase tamén: Vésperas sicilianas.

En maio de 1303 celebrouse, en Messina, o matrimonio entre Leonor e Frederico III.[2]
Frederico era o fillo terceiro do rei de Aragón e de Valencia e conde de Barcelona e dos outros Condados cataláns, Pedro III o Grande e de Constanza II de Sicilia,[10] filla do rei de Sicilia Manfredo (fillo ilexítimo do emperador Frederico II Hohenstaufen).
Segundo os continuadores do Chronicon de Guillaume de Nangis, o matrimonio teríase celebrado en 1302,[2] pero segundo Genealogy celebrouse o 17 de maio de 1302).[4]

Frederico III asignou á súa consorte Leonor a chamada Camera Reginale. Esta Cámara real costituíu un verdadeiro e propio dote, adminisrado por un gobernador e a disposición da raíña, formada polos territorios das cidades de Paternò, Siracusa, Lentini, Avola, Mineo, Vizzini, Castiglione, Francavilla e a illa de Pantelleria. A Cámara real perdurou até 1537.[11]

En 1329, para agradecer á Virxe pasar sen perigo unha erupción do Etna, fixo construír en Catania unha grande igrexa dedicada a San Francisco.

No ano 1343, despois da morte do rei Frederico III, a raíña Leonor de Anjou trasladouse a Messina acompañada polo seu familiar, o cabaleiro Antonino Natoli,[12] ao que lle conferiu os seus feudos.[13] Ela retirouse nos territorios da súa Camera reginale, prefirindo sobre todo Belpasso, ao pé do Etna, onde incluso hoxe en día existe a Cisterna della Regina, que a tradición di que foi construída por orde dela.

Leonor faleceu o 9 de agosto de 1343 no convento de San Nicola l'Arena, cerca de Nicolosi (Catania). Posteriormente os seus restos foron levados a Catania onde repousan na igrexa de San Francisco, onde unha placa a recorda.

Descendencia editar

Leonor e Frederico III tiveron nove fillos:[9][14][15][16]

Antepasados de Leonor de Anjou editar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Filipe II de Francia
 
 
 
 
 
 
 
8. Lois VIII de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Isabel de Hainaut
 
 
 
 
 
 
 
4. Carlos I de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Afonso VIII de Castela
 
 
 
 
 
 
 
9. Branca de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Leonor Plantagenet
 
 
 
 
 
 
 
2. Carlos II de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Afonso II da Provenza
 
 
 
 
 
 
 
10. Ramón Berenguer IV da Provenza
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Xersenda II de Sabran
 
 
 
 
 
 
 
5. Beatriz da Provenza
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Tomé I de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
11. Beatriz de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Margarida de Xenebra
 
 
 
 
 
 
 
1. Leonor de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. André II de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
12. Bela IV de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Xertrude de Merania
 
 
 
 
 
 
 
6. Estevo V de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Teodoro I Láscaris
 
 
 
 
 
 
 
13. María Láskarina
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Ana Conmena Anxelina
 
 
 
 
 
 
 
3. María de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Suthoi, Khan de Cumania
 
 
 
 
 
 
 
14. Xonás de Cumania
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Isabel a Cumana
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Branca de Anjou

 
Raíña consorte de Sicilia

17 de maio de 1302 - 25 de xuño de 1337
Sucesor:
Isabel de Carintia

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Naquela época o Reino de Sicilia debido aos coflitos entre os axevinos (franceses) e os sicilianos partidarios dos aragoneses, estaba dividido en dous reinos, cuxos titulares autodenominábanse reis de Sicilia, polo que para distinguir ambos os reinos utilízanse na historiografía os termos "Reino de Nápoles" ou Regnum Siciliae citra farum, para o peninsular, e "Reino de Sicilia", "Reino de Trinacria" ou Regnum Siciliae ultra farum, para o insular. Véxase Reino de Sicilia.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Casas reais de Sicilia e de Nápoles en Medieval Lands (en inglés)
  3. Leonor de Anjou pedigree (en inglés)
  4. 4,0 4,1 Capetos - Genealogy (en inglés)
  5. Carlos III de Nápoles Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en genealogie mittelalter (en alemán)
  6. Carlos II de Anjou era fillo de Carlos I de Anjou, irmán do rei de Francia Lois IX (San Lois), e de Beatriz de Provenza, última filla do conde da Provenza, Ramón Berenguer IV e de Beatriz de Savoia.
  7. Cumanos en Medieval Lands (en inglés)
  8. Isabel era a filla dun khan dos Cumanos, do que non se coñece o nome, sucesor de Xonás de Cumania.
  9. 9,0 9,1 9,2 Reis de Sicilia en Medieval Lands (en inglés)
  10. Constanza II de Sicilia, ou Constanza de Hohenstaufen, aínda que chamada de Sicilia, non debe confundirse con Constanza de Hauteville, tamén chamada de Sicilia, bisavoa de Constanza de Hohenstaufen.
  11. Di Matteo, Salvo (2006): La storia della Sicilia. Dalla preistoria ai nostri giorni Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Roma: Arbor. ISBN 978-88-8632-530-1, p. 241.
  12. Nobiliario della città di Messina, Giuseppe Galuppi, p. 133.
  13. Enciclopedia storico-nobiliare italiana: famiglie nobili e titolate viventi riconosciute dal Real governo d'Italia compresi: città, comunità, mense vescovili, abazie, parrocchie ed enti nobili e titolati riconosciuti. Volume 4, Marchese Vittorio Spreti, Forni, p. 788.
  14. Barcelona - Genealogy Arquivado 15 de outubro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)
  15. Frederico III de Sicilia Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en genealogie mittelalter (en alemán)
  16. Frederico III e Leonor Arquivado 16 de novembro de 2017 en Wayback Machine. en familyhistory (en inglés)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kiesewetter, Andreas (1993): "Eleonora d'Angiò, regina di Sicilia" en: Dizionario Biografico degli Italiani. Volume 42. Treccani.
  • Roman d’Amat, Jean-Charles (1970): "Éléonore d’Anjou" en: Dictionnaire de biographie française. Volume 12. París: Letouzey et Ané.

Outros arigos editar