Lope de Luna
Lope de Luna, nado en 1315 e finado en Pedrola, Reino e Aragón en 1360, foi un nobre aragonés da Casa de Luna, da liñaxe dos Ferrench de Luna, IX señor de Luna, en calidade de tenente, III señor de Segorbe, e primeiro conde de Luna a partir de 1348.
Lope de Luna | |
---|---|
Conde de Luna | |
Reinado | 1348–1360 |
Nacemento | 1315 |
Falecemento | 19 de xuño de 1360 Pedrola, Reino de Aragón |
Cónxuxe/s | Violante de Aragón, Brianda de Got, María de Altura |
Descendencia | María de Luna |
Proxenitores | Artal de Luna Martina Sanz de Horta |
![]() Escudo de armas da Casa de Luna | |
Traxectoria editar
Era fillo de Artal de Luna y Urrea, VIII señor de Luna e de Martina Sanz de Huerta.
Foi un gran colaborador de Pedro IV o Cerimonioso durante a expedición a Sardeña. Participou na Guerra da Unión e, en 1348, recibiu o título de Conde de Luna pola súa vitoria na batalla de Épila contra a Unión de Aragón, pasando Luna de tenencia a señorío hereditario.
Matrimonios e descendencia editar
Lope casou en primeiras nupcias con Violante de Aragón, filla de Xaime II de Aragón, que era viúva de Filipe, déspota de Romanía,[1] con quen non tivo descendencia. Porén, deste modo emparentou coa Casa Real de Aragón.
Casou novamente con Brianda de Agoult,[2][3] (ou de Got, ou de Aquaviva), filla do conde de Got, que era parente do papa Clemente V, con quen tivo a María de Luna, IV señora de Segorbe, que casaría co futuro rei Martiño o Humano. Deste matrimonio tamén naceu Brianda de Luna, que aída que casou lexitimamente con Lope Ximénez de Urrea, fuxiu para vivir co seu amado Luís Cornel, señor de Alfajarín, con quen tería tres fillos, Francisco Luís Cornel, señor de Vall de Almonacid e do seu castelo, Brianda e Leonor, desencadeando unha guerra.[4]
Máis tarde casou con María de Altura, con quen tería a Fernando López de Luna, señor de Ricla, que casaría con Emilia Ruiz de Azagra, III señora de Villafeliche.
Notas editar
- ↑ Nicolau d'Olwer. "La duquessa d'Atenes i els "documents misteriosos"". Consultado o 27 de setembro de 2017. (en catalán)
- ↑ Briande d'Agoult.
- ↑ Généalogie des familles nobles. D'Agout (en francés)
- ↑ Sarasa Sánchez, Esteban.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Sarasa Sánchez, Esteban: "Mitos y ritos feudales en Aragón: el caso de doña Brianda de Luna" (en castelán).
- Lope de Luna, I Conde de Luna y Señor de Segorbe
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lope de Luna |