Abrir o menú principal

Federico de Luna, coñecido tamén como Federico de Aragón, Federico de Sicilia e Fadrique de Aragón, nado en Sicilia c. 1400 e finado en Urueña, Reino de Castela, o 29 de maio de 1438, foi duque de Arjona, IV conde de Luna, señor de Cuéllar (14301433)[1] e de Segorbe.[2][3]

Federio de Luna
Conde de Luna

Reinado14071430
Nacementoentre 1400 e 1403
Sicilia, Reino de Sicilia
Falecemento29 de maio de 1438
Urueña, Reino de Castela
PredecesorMartiño o Mozo
SucesorExtinguiuse o título
ConsorteViolante Luísa de Mur
Descendenciadescoñecida
Casa realCasa de Luna
ProxenitoresMartiño o Mozo, rei de Sicilia
Tarsia Rizzari, nobre da Catania

Escudo de Federico de Luna
Armas da Casa de Luna

TraxectoriaEditar

Federico era fillo ilexítimo do rei de Sicilia, Martiño o Mozo,[4][5] e duha das súas amantes, a nobre de Catania Tarsia Rizzari.[6]

Martiño o Mozo (Martiño I de Sicilia) era o fillo primoxénito do rei de Aragón, de Valencia, de Mallorca, de Sardeña e de Córsega e conde de Barcelona e dos outros condados cataláns Martiño I de Aragón, coñecido tamén como Martiño o Vello, e da súa primeira esposa María de Luna, filla e herdeira do primeiro conde de Luna e señor de Segorbe, Lope de Luna, e de Brianda de Got (ou d'Agaout).

Ilexítimo polo seu nacemento, ao falecer en 1407 o fillo froito do matrimonio de Martiño o Mozo coa súa segunda esposa Branca I de Navarra, seu pai iniciou o proceso de lexitimación que o convertería no seu herdeiro, para o cal lle concedeu os títulos de conde de Luna e señor de Segorbe.

A morte por paludismo de Martíño o Mozo en 1409 interrompe o proceso de lexitimación que aínda non rematara. Pero estre proceso foi retomado entón polo seu avó, o rei Martiño I de Atagón (Martiño o Vello), que recorre a o antipapa Benedito XIII, Pedro Martínez de Luna (coñecido como o papa Luna), parente da súa falecida esposa María de Luna (morrera en 1406),[7] que fora elixido papa o 28 de setembro de 1394,[8] para, co seu apoio, elaborar un plan que lexitimase a Federico para sucedelo como rei de Sicilia e soberano da Coroa de Aragón.

O papa rematou o documento de lexitimación o 1 de xuño de 1410 pero, a morte de Martiño I o día anterior fixo que o pontífice non se encontrara coa suficiente forza moral para proceder por sí só á lexitimación.

Abriuse entón un período de dous anos, coñecido como o interregno de Aragón, no que o trono aragonés permaneceu vacante e o reino ao bordo da guerra civil, xa que xurdiron até sete pretendentes ao trono, entre eles o conde de Luna Ferderico.[4][9]

Véxase tamén: Compromiso de Caspe.

As Cortes de Cataluña, Valencia e Aragón decidiron solucionar a crise sucesoria do trono mediante unha arbitraxe para a cal cada unha delas nomeou a tres representantes que, no denominado Compromiso de Caspe, celebrado en 1412, decidiron que o soberano da Coroa de Aragón e o rei de Sicilia debería ser Fernando de Antequera, da casa de Trastámara.

Tras o Compromiso de Caspe, no que Federico non obtivo ningún voto, e ao ser aínda menor de idade, foi posto baixo a tutela de Ramón de Torrelles e Blanes. Federico reconñeceu a Fernando I como rei de Aragón e ao seu fillo Afonso como herdeiro, pero mantivo as súas pretensións ao trono siciliano enfrontándose á viúva do seu pai Branca I de Navarra.

Ao alcanzar a maioría de idade Federico participou, co título de almirante, na expedición que contra a illa de Xerba comandaba o infante Pedro, duque de Noto (fillo de Afonso V de Aragón) en 1425. Tamén acompaou o exército do rei Afonso o Magnánimo a Castela para liberar ao irmán do rei, o infante Henrique, duque de Villena.[10]

Federico casou con Violante Luísa de Mur, aínda que o matrimonio foi breve ao abandonar pronto á súa esposa. Reclamada a súa presenza na corte debido ás súas pretensións sobre o reino de Sicilia, lonxe de deixalas manobrou politicamente para obtelo, o que provocou o malestar do novo rei de Aragón Afonso V, que o declarou en rebeldía en 1430, e desposeeuno do ducado de Luna (título que foi abolido), e de todas as súas outras terras (incluído o señorío de Segorbe),[7] obrigándoo a buscar refuxio no reino de Castela, cuxo rei, Xoán II, encontrábase daquela en guerra contra Aragón.

En 1434 foi feito prisioneiro e, acusado de participar nun intento de roubo a uns comerciantes xenoveses de Sevilla. Encarcerado en Urueña falecería catro anos máis tarde.[7]

NotasEditar

  1. Velasco Bayón (1996): Historia de Cuéllar. Segovia, pp. 121-123.
  2. Álvarez Palenzuela, Vicente Ángel, coord. (2002): Historia Universal de la Edad Media. Barcelona: Ariel. ISBN 978-84-344-2644-3, páx. 715.].
  3. Fadrique de Aragón "Fadrique de Aragón, conde de Luna y Ejérica, señor de Segorbe, * 1400/3, + Ureña 1438, hijo nat. de Martín II, el Joven, rey de Sicilia (1392/1402-1409", en grandesp.org.uk
  4. 4,0 4,1 Reis de Aragón (en inglés).
  5. (en inglés) Casa dr Barcelona - xenealoxía (en inglés)
  6. Tarsia Rizzari en geni.com (en castelán).
  7. 7,0 7,1 7,2 Earenfight 2005.
  8. Percivaldi, Elena (2014): Il grande scisma (1378-1417). Gli antipapi. Storia e segreti. Roma: Newton Compton. ISBN 978-88-5417-152-7.
  9. Grierson, P.; Travaini, Lucia (1998).
  10. Sáiz Serrano 2011.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar