Condado de Luna (1348)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Condado de Luna.
O Condado de Luna foi un título nobiliario aragonés, creado o 18 de agosto de 1348 polo rei de Aragón Pedro IV de Aragón, a favor de Lope de Luna, señor de Segorbe e IX señor de Luna, con motivo da vitoria na batalla de Epila[1] contra a Unión de Aragón.[2]
Condado de Luna (1348) | |
---|---|
Fundador | Lope de Luna, Outorgado polo rei Pedro IV de Aragón |
Xefe actual | extinguido |
Fundación | 18 de agosto de 1348 |
A súa denominación fai referencia á localidade de Luna (provincia de Zaragoza), na comarca das Cinco Villas.
Quedou extinguido en 1430, cando Afonso V de Aragón desposuíu dos seus títulos e posesións, incorporándoas á coroa, a Fadrique de Aragón, por traizón.
Na actualidade está vixente o condado de Luna creado por Filipe II o 18 de agosto de 1598, a favor de Francisco de Aragón y Gurrea Borja, VI duque de Villahermosa, a cambio da súa renuncia ao Condado de Ribagorza.
Titulares do condado
editarNotas
editar- ↑ La propiedad de la tierra y bienes de Luna Arquivado 27 de setembro de 2017 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Lope de Luna, I Conde de Luna y Señor de Segorbe Arquivado 27 de setembro de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Moxó y Montoliu, Francisco de (1990): La Casa de Luna (1276-1348): factor político y lazos de sangre en la ascensión de un linaje aragonés. Münster, Renania do Norte-Westfalia: Aschendorffsche Verlagsbuchhandlung. ISBN 3-4020-5825-1.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Condado de Luna |