Principado de Cataluña

estado situado no suroeste de Europa

O Principado de Cataluña, e por antonomasia El Principat, foi un estado situado no suroeste de Europa e o nome histórico e tradicional de Cataluña. É un termo xurídico (en latín principatus) que aparece no século XIV para indicar o territorio baixo xurisdición das Cortes Catalás, o soberano do cal era o rei do Casal de Barcelona, sen ser formalmente un Reino. Tampouco era un condado, xa que o condado de Barcelona non comprendía a totalidade de Cataluña.

Modelo:Xeografía políticaPrincipado de Cataluña

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°22′58″N 2°10′36″L / 41.3828, 2.1767
CapitalCidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadacatalán antigo
lingua latina
Aranés Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Creación1162 Editar o valor en Wikidata
Disolución18 de setembro de 1714 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porCapitanía Xeral de Cataluña e Rossilhão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Santo padrónXurxo de Capadocia Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía
pactism (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCortes Catalãs (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Moedaducado Editar o valor en Wikidata

Principado de Cataluña. Mapa de Jan Baptist Vrients, 1608.

Historia

editar

Normalmente utilizouse o título nobiliario de Príncipe polo herdeiro da Coroa. No caso da Coroa de Aragón o herdeiro portaba o título de Duque de Xirona, cambiado máis tarde a Príncipe de Xirona. Non se debe confundir, polo tanto, o Principado de Cataluña cun título nobiliario.

A primeira referencia atopouse nas Cortes de Perpiñán, no 1350, presididas polo rei Pedro o Cerimonioso. Semellante, aínda que xa era un termo utilizado informalmente. Ramon Muntaner escribiu na súa Crónica a despedida de Xaime o Xusto ó seu fillo que partia á conquista de Sardeña:

Fillo, deixovos eu a nosa bandeira antiga do Principado de Cataluña, a cal ten un singular privilexio: que endexamais un campo onde a nosa bandeira estivo foi vencido nin desbaratado

Un eufemismo usado previamente nas Cortes de Barcleona do 1283 é o de Universidade de Cataluña para referirse ó conxunto de habitantes do territorio. O termo vai ser institucionalizado no goberno de Eivissa como sinónimo de Generalitat.

O nome de Principado vaise seguir usando nos Decretos da Nova Planta da administración borbónica e foi plenamente vixente ata o século XIX. Os movementos republicanos preferiron abandonar o nome de Principado, mais, en cambio, os movementos pancatalanistas preferiron mantelo para referirse á Cataluña estrita, diferenciada da Cataluña Grande ou Países Cataláns. Hoxe, o termo Principado non se atopa recollido no Estatuto de Autonomía de Cataluña, mais continúa a vixente coma denominación tradicional.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar