Paterna é un municipio da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia. Está situado ao noroeste da comarca da Horta Oest a 5 km ao noroeste da capital, Valencia, e na beira esquerda do río Turia. O 1 de xaneiro de 2008 tiña 61.941 habitantes, sendo a 11ª cidade por número de habitantes do país.

Modelo:Xeografía políticaPaterna
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°30′10″N 0°26′26″O / 39.502777777778, -0.44055555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarca da Comunidade ValencianaHorta Nord Editar o valor en Wikidata
CapitalPaterna Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación73.488 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.670,18 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie44 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude70 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal46980 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE46190 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos46190 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Marino (pt) Traducir
Adeje
Burbank (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webpaterna.es… Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar
 
Bosque da Vallesa
 
A Casa do Concello
 
Espazo Cultural La Cova Gran. Anfiteatro.

O seu clima é clima mediterráneo árido cunhas precipitacións de 250 mm ao ano e unhas temperaturas que oscilan entre os 12 °C de xaneiro e os 27 °C de xullo, alcanzándose tódolos veráns máximas por encima dos 35 °C.

Pódese acceder a esta localidade a través da liña 1 de Metro de Valencia.

Barrios e pedanías

editar

Os núcleos de poboación do municipio son:

  • Paterna (barrios de Alborgí, Campament e Santa Rita)
  • La Canyada
  • La Coma
  • Creu de Gràcia
  • Terramelar

Demografía

editar

Paterna tiña arredor de 3.505 habitantes en 1900. A creación do Polígono Font del Gerro favoreceu a inmigración entre os anos 1950 e 1970 nos que Paterna experimentou un importante troco social e urbanístico, chegándose a triplicar a poboación.

O crecemento actual da poboación débese á creación de novas zonas residenciais e á expansión das zonas industriais no termo municipal. En decembro de 2007, o número de habitantes era de 59.043 (29.454 mulleres e 29.589 homes)

A poboación flotante nas zonas residenciais calcúlase en torno aos 16.000 habitantes, e nas zonas industriais calcúlase en torno a 15.250 persoas.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2006 2007 2008
3.509 3.781 5.042 6.353 10.008 11.724 16.951 22.944 34.425 42.855 47.498 54.560 57.343 59.043 61.941

Estatística demográfica 2004

editar
  • Ritmo de crecemento medio anual da poboación 2000-2004: 1,9 %
  • Variación poboación 2000-2004: 7,7%
Inmigración por continentes en Paterna
Lugar Total %
Europa 965 44,8
África 414 19,2
América 663 30,8
Asia 108 5,0
Oceanía 3 0,1
Total 2.153 4,6
Poboación por núcleos urbanos
Núcleo Homes Mulleres Total
Casco Urbano 17.965 17.983 35.948
La Canyada 5.316 5.179 10.495
La Coma 2.758 2.816 5.574
Valterna 1.591 1.509 3.100
Terramelar 1.307 1.358 2.665
Creu de Gràcia 58 66 124
Total 28.995 28.911 57.906

Economía

editar

O sector servizos representa o 56% da actividade económica global do municipio. A industria representa o 33,2%, a construción o 9,8% e a agricultura o 1%.

Paterna enclávase nunha das áreas industriais máis importantes do sur de Europa. No termo municipal atópase: o Polígono Industrial Fonte del Gerro, o Polígono Industrial da estrada de Ademuz, a cidade dos negocios Táctica e o Parque Tecnolóxico de Valencia.

A produción industrial é moi diversificada: alimentación, téxtil, madeira, pel, metal, químicas, plástico, transporte, electricidade...

Estatística económica 2004

editar
  • Nivel económico: 7
  • Oficinas bancarias: 37
  • Actividades industriais: 1.101
  • Supermercados: 15
  • Centros comerciais: 2
  • Índice industrial: 223
  • Índice comercial: 144

Cerámica de Paterna

editar

Na Idade Media e o Renacemento, Paterna foi un dos principais centros produtores de cerámica da península competindo con notábeis centros como Teruel ou Manises, chegando a distribuírse por todo o Mediterráneo. Son coñecidas as cerámicas como pratos, escudelas, botes de farmacia pintadas en azul e dourado e as decoradas en verde e manganeso. Os motivos son moi variados: figuras humanas, de animais, vexetais ou heráldicas.

O socarrat (século XV) é a peza máis característica da cerámica paterneira. Trátase de pezas de barro cocido de forma rectangular que se utilizaban para a decoración dos palacios e mansións, en especial de beirados e teitos. Unha nutrida mostra exponse no Museo de Cerámica de Paterna, que se encarga, de xestionar o préstamo de pezas a outros museos e exposicións. Actualmente exhíbense pezas de cerámica de Paterna no Museo Arqueolóxico Nacional (Madrid) e noutros de Valencia, Barcelona, París, Londres ou Nova York.

Gastronomía

editar

Ademais da gastronomía típica da zona de Valencia: paella, arroces e verduras, destaca o cachap: doce follado recheo dunha crema especial típica de Paterna.

Lugares de interese

editar
  • Torre de Paterna: De orixe árabe, utilizábase como elemento defensivo da poboación debido á súa localización estratéxica e a excelente visibilidade da contorna. Cunha forma troncocónica ten unha altura de 19,5 m e entre 12,7 e 9,6 m de diámetro.
  • Pazo dos Condes de Villapaterna: Pazo señorial construído polos condes de Villapaterna en 1760. En 1983 foi adquirido polo concello que instalou alí a casa consistorial.
  • O Calvario: Constituído por unha terraza con vistas ao río Turia, á horta e ás poboacións próximas na que se sitúa o reloxo da vila. No pasado, estivo ocupado polo Castelo de Paterna, derruído no século XVIII.
  • Museo de Cerámica: Situado na praza do Pobo, na antiga casa consistorial, alberga unha das coleccións de cerámica máis importantes da Comunidade Valenciana.
  • Igrexa de Sant Pere: Construída no século XIV no lugar que ocupaba a mesquita. Foi remodelada no século XVIII.
  • Gran Teatro Antonio Ferrandis: Construído a finais dos anos 20, foi un lugar de lecer utilizado polos paterneiros durante décadas. Foi adquirido polo Concello e no ano 2000 foi inaugurado co nome do ilustre actor de Paterna, Antonio Ferrandis Monrabal, acollendo un nutrido programa cultural de teatro, música e exposicións.
  • Café Teatro Capri: Construído en 1924, foi adquirido polo concello en 1998, remodelado e inaugurado de novo no ano 2000. Actualmente acolle diversos actos culturais.
  • Espazo Cultural La Cova Gran: Formado por un anfiteatro e a biblioteca central englóbase no Parque da Torre e as Coves.
  • Espazo Cultural Coves del Bata: Alberga exposicións de arte nun espazo emblemático e histórico como son as covas.
  • Molins de Paterna: Muíños construídos na idade media para aproveitar a forza da auga que pasaba pola canle de Montcada nas producións fariñeiras, arroceiras e téxtiles. Foi a partir do século XIX cando se produciu a súa expansión facendo que Paterna se convertese a finais do século XIX na maior produtora de fariña de Valencia. Posteriormente, os avances tecnolóxicos en electricidade, a industrialización e a maior urbanización da horta supuxeron o progresivo abandono destes muíños. Actualmente proxéctase un complexo hoteleiro e de lecer.
  • Parque Natural do Río Turia: A paraxe natural máis importante de Paterna é o bosque da Vallesa, situado en torno ao río Turia. Está formado por unha grande extensión que alberga unha abundante poboación de piñeiros e matos integrado polas típicas asociacións do bosque mediterráneo sobre substrato calcario como timón, romeu, carrasca, lentisco, coscoxa, aliaga etc.
  • Cidade Deportiva do Valencia CF.
  • Observatorio da Universitat de Valencia.
  • Parque Científico do Campus Burjassot-Paterna

En maio de 2000 a cidade de Paterna adquiriu a categoría de Municipio de Interese Turístico pola Generalitat Valenciana.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar