Pedrola

Coordenadas: 41°47′15″N 1°12′51″O / 41.78750, -1.21417

Pedrola é un municipio de España, na comarca da Ribera Alta del Ebro, provincia de Zaragoza, Comunidade Autónoma de Aragón. Forma parte do partido xudicial de Zaragoza.[1]

Casa do Concello

XeografíaEditar

 
Escudo de Pedrola
 
Bandeira de Pedrola

Próxima ao río Ebro pola súa marxe dereita e á confluencia do Jalón pola esquerda, Pedrola está localizada na chamada Depresión do Vale do Ebro. A súa altitude é de 2 962​ msnm.[2]

O concello ocupa unha superficie de 113,53 km² e, no ano 2016, tiña unha poboación de 3 450 habitantes (pedroleros/as), o que facía unha densidade de 30,39 hab./km².

Dista 36 km de Zaragoza.

DemografíaEditar

Evolución demográfica
1991 1996 2001 2004 2006 2007 2011 2013 2016
2 460 2 582 2 812 2 906 3 168 3 302 3 758 3 800 3 450

Nota. Datos do Intituto Español de Estadística.

EconomíaEditar

A súa economía baséase nas actividades de carácter industrial, sobre todo desde a implantación na achegada Figueruelas da factoría Opel España. Porén, a fonte tradicional de ingresos, a agricultura, a pesar de que perdeu importacia, mantense en vigor.

NotasEditar

  1. "Consejo General de Procuradores de España". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2011. Consultado o 25 de setembro de 2017. 
  2. Gobierno de Aragón. "Zonas altimétricas por rangos en Aragón y España, y altitud de los municipios de Aragón.". Datos geográficos. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2011. Consultado o 25 de setembro de 2017. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar