Palacio da Aljafería
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
O Palacio da Aljafería está situado na cidade de Zaragoza e foi declarado monumento nacional de interese histórico-artístico o 4 de xuño de 1931. Aínda así o seu estado de conservación era deplorable ata que no 1947 o arquitecto Francisco Iñiguez Almech, liderou os traballos de rehabilitación que posteriormente foi continuada polos arquitectos Ángel Pero Padre Muniesa, Luis Franco Lahoz e Mariano Pemán Gavín. O resultado destas rehabilitacións xunto con diversas escavacións arqueolóxicas deu lugar á aparencia que hoxe en día presenta o edificio. Ademais hai que engadir as instalación das Cortes de Aragón comezadas no 1985 e dirixidas polos arquitectos Franco e Pemán. Esta ampliación levouse a cabo tendo en conta as tendencias estéticas predominantes na arquitectura moderna, diferenciándose, deste xeito do resto das partes do palacio. O ano 2001, a UNESCO declarou patrimonio da humanidade a arte mudéxar de Aragón,[1] sendo o Palacio da Aljafería, un dos monumentos máis representativos e emblemáticos deste estilo.
Palacio da Aljafería | |
---|---|
Vista frontal do Palacio da Aljafería | |
Coordenadas | 41°39′23″N 0°53′49″O / 41.65649, -0.89708 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O palacio islámico
editarConserva parte do seu antigo recinto amurallado, de base cuadrangular, reforzado por grandes torres semicirculares, as cales hai que engadir a Torre do Trobador, cunha zona inferior, do século IX. Sendo esta o resto arquitectónico máis antigo do conxunto.
Este recinto contén na súa parte central construción residenciais que seguen o modelo típico dun palacio islámico de influencia omeia, tal e como se tiñan desenvolvido os palacios musulmáns do deserto, que se remontaban ó século VIII.
Polo tanto temos por unha banda o espírito defensivo das murallas e polo outro o palacio taifal considerado de gran beleza polos seus ornamentos e a súa estrutura. Este está formado por un gran patio rectangular a ceo aberto e cunha alberca no seu lado sur. Tamén contan con dous pórticos laterais, con arcadas mixtilíneas e polilobuladas que actúan como se foran pantallas visuais. Adicionalmente temos as estancias tripartitas que nas súas orixes estaban destinadas para uso cerimonial e privado.
Ademais no pórtico norte atópase un pequeno oratorio ou mihrab, de base octogonal e de reducidas dimensións cunha gran decoración de xeso con fragmentos pictóricos, de tons vivos e contrastados de grande interese.
Todos estes logros artísticos correspóndense coas obras realizadas na segunda metade do século XI baixo o mando do rei Abu-Ya far Ah-mad ibn Hud al-Muqtadir. Este palacio supón unha das obras cumio da arte musulmá na Península Ibérica que foron tomadas coma modelo posteriormente no Reais Alcázares de Sevilla ou na Alhambra de Granada.
O palacio cristián medieval
editarTrala reconquista de Zaragoza por Afonso I no ano 1118, o palacio converteuse na residencia dos monarcas aragoneses, que impulsaron diversas obras de ampliación e acondicionamento.
Así durante este período (séculos XII-XIV) pódese citar a orixe da igrexa de San Martiño, da capela de San Xurxo (hoxe desaparecida), a arquería oeste e sobre todo as salas do palacio mudéxar do rei Pedro IV, coroadas por uns alfarxes, hoxe restaurados.
O palacio dos Reis Católicos
editarFoi erixido sobre a estrutura musulmá o redor do 1492 co fin de simbolizar o prestixio dos monarcas cristiáns. Porén a dirección das obras foi encargada ó mestre mudéxar Faraig de Gali e nelas fúndese elementos medievais con outros máis novidosos propios do Renacemento. Esta nova estrutura consta dunha escalinata, unha galería e un conxunto de salas, denominadas “dos Pasos Perdidos” que teñen o seu punto álxido no Salón do Trono. Salientar os teitos de madeira dourada e policromada e o artesanado do Salón do Trono.
Reformas e ampliacións: Época moderna e contemporánea
editarA partir de 1593 e por orde do rei Filipe II, o enxeñeiro sienés Tiburcio Spanochi deseñou os planos para transformar o palacio nun forte “á moderna”. Desta maneira dotouse dun novo recinto amurallado exterior con baluartes pentagonais nas esquinas e un novo foso. Porén o que realmente se pretendía foi poñer de manifesto o poder real fronte as reivindicacións forais dos aragoneses e posibles revoltas en Zaragoza. Tras estes cambios, o carácter militar do palacio ampliouse durante os séculos XVIII e XIX coa intención de convertelo nun acuartelamento regular. Entre as modificacións máis importantes citar os torreóns neogóticos engadidos en tempos de Isabel II.
Estrutura actual
editarActualmente existen dúas delimitacións claras no palacio: a área habilitada coma sede das cortes de Aragón e a área monumental dispoñible para a visita turística. Os elementos máis característicos actuais son: a ponte, o foso, a porta de entrada, a muralla musulmá, o patio de san Martiño, a capela de san Martiño, a torre do trobador, o oratorio, o patio de santa Isabel, unha planta baixa (salas do palacio islámico), unha planta intermedia (sala dos reis católicos) , unha planta superior (salas do palacio cristián medieval), patio de armas, cuarteis de Carlos III, e os Torreóns neogóticos do 1868.
As cortes de Aragón
editarDende o ano 1987 o palacio alberga a institución que representa os aragoneses: As Cortes de Aragón. Estas Cortes están constituídas por 67 deputados, 14 pola provincia de Teruel, 18 pola de Huesca e 35 pola de Zaragoza. As súas sesións desenvólvense no hemiciclo, espazo que pertence a un edificio de nova planta, illado da muralla e palacio taifal, pero integrado no interior do monumento e situado en fronte da capela de San Martiño.
Notas
editar- ↑ "Mudejar Architecture of Aragon" (en inglés). UNESCO World Heritage Center. Consultado o 29 de setembro de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio da Aljafería |
Bibliografía
editar- BORRÁS GUALIS, Gonzalo, «La ciudad islámica», en Guillermo Fatás (dir.), Guía histórico-artística de Zaragoza (3ª ed. rev. e amp.), Zaragoza, Concello de Zaragoza, 1991, páxs. 71-100. ISBN 978-84-86807-76-4 Cfr. tamén o capítulo de BIEL IBÁÑEZ, María Pilar, «Nuevas noticias sobre el palacio de la Aljafería» coas novidades aparecidas e os datos actualizados ata 2008, en Guillermo Fatás (dir.), Guía histórico-artística de Zaragoza, 4ª ed. revisada e ampliada, Zaragoza, Concello de Zaragoza, 2008, páxs. 711-727. ISBN 978-84-7820-948-4
- CABAÑERO SUBIZA, Bernabé (dir.) et al., La Aljafería, vol. I, Zaragoza, Cortes de Aragón, 1998. ISBN 978-84-86794-93-4
- CABAÑERO SUBIZA, Bernabé e Carmelo de Lasa, El Salón Dorado de La Aljafería: ensayo de reconstitución formal e interpretación simbólica, Zaragoza, Instituto de Estudios Islámicos y del Oriente Próximo, 2004. ISBN 978-84-95736-34-5
- EXPÓSITO SEBASTIÁN, Manuel, José Luis Pano Gracia e M.ª Isabel Sepúlveda Sauras, La Aljafería de Zaragoza, Zaragoza, Cortes de Aragón, 2006 (6ª ed.). ISBN 978-84-86794-13-2
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Web das Cortes de Aragón (en castelán)
- Tour Virtual polas Cortes de Aragón Arquivado 25 de decembro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
- O Palacio na Web de Turismo de ZaragozaArquivado 09 de decembro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
- Palacio da Aljafería de Zaragoza en Google Maps