Cortes de Aragón
As Cortes de Aragón (en aragonés: Cortz d'Aragón, en catalán: Corts d'Aragó) exercen a función lexislativa da comunidade autónoma de Aragón, aproban os seus orzamentos, impulsan e controlan a acción da Deputación Xeral, e exercen as demais competencias que lles confiren a Constitución, o Estatuto e as demais normas do ordenamento xurídico. As Cortes elixen, de entre os seus membros, a un Presidente, unha Mesa e unha Deputación Permanente. Están compostas por 67 deputados.
A súa denominación procede da institución histórica do Reino de Aragón desde a súa fundación en 1188[1] ata comezos do século XVIII. O Decreto de Nova Planta en 1711 anulou os Foros de Aragón facendo desaparecer as Cortes de Aragón. As Cortes de Aragón recupéranse a finais do século XX a través do actual parlamento autonómico da Comunidade Autónoma de Aragón.
Parlamento autonómicoEditar
As modernas Cortes de Aragón reuníronse por primeira vez en Calatayud.
Na actualidade, as Cortes de Aragón exercen a función lexislativa da comunidade autónoma de Aragón, segundo se establece no artigo 12 do Estatuto de Autonomía. Tamén aproban os orzamentos, impulsan e controlan a acción da Deputación Xeral de Aragón e exercen as demais competencias que lles confiren a Constitución, o Estatuto e as demais normas do ordenamento xurídico.
Ademais, designan aos senadores que han de representar á Comunidade autónoma no Senado; exercen a iniciativa lexislativa para que as Cortes Xerais aproben unha Lei; poden exercitar a iniciativa de reforma da Constitución Española; ratifican os convenios e acordos de cooperación nos que a Comunidade Autónoma de Aragón sexa parte; interpoñen recursos de inconstitucionalidade; elixen ao Xustiza de Aragón, ao auditor xeral de Aragón e elixen ou propoñen o nomeamento de cargos noutros organismos: conselleiros no Consello Asesor de Radio Televisión Española en Aragón, vogais na Xunta Electoral de Aragón ou conselleiros nas Caixas de Aforro da Comunidade.
SedeEditar
Este Palacio, construído na segunda metade do século XI por iniciativa de Al-Muqtadir como residencia dos reis hudís de Saraqusta. Reflectiu o esplendor alcanzado polo reino taifa no período do seu máximo apoxeo político e cultural, chamado o "Palacio da Alegría".
Foi utilizado como residencia por Pedro IV de Aragón e posteriormente, na planta principal, levouse a cabo a reforma que converteu as súas estancias en palacio dos Reis Católicos en 1492. En 1593 experimentou outra reforma que o convertería en fortaleza militar, primeiro con deseños renacentistas e máis tarde como acuartelamento de militares. Nos Sitios de Zaragoza sufriu grandes danos. Foi finalmente restaurado na segunda metade do século XX.
É monumento histórico artístico dentro da arquitectura mudéxar de Aragón desde 1986.
PresidentesEditar
O actual presidente das Cortes de Aragón na VIII Lexislatura é José Ángel Biel Rivera do Partido Aragonés tralas eleccións de 2011.
Lista de Presidentes das Cortes de Aragón | |||
Nome | Partido | Inicio | Fin |
Antonio Embid Irujo | PSOE | 1983 | 1987 |
Juan Bautista Monserrat Mesanza | CDS | 1987 | 1991 |
Ángel Cristóbal Montes | PP | 1991 | 1995 |
Emilio Eiroa García | PAR | 1995 | 1999 |
José María Mur | PAR | 1999 | 2003 |
Francisco Pina Cuenca | PSOE | 2003 | 2011 |
José Ángel Biel Rivera | PAR | 2011 | No cargo |
ComposiciónEditar
As Cortes de Aragón están formadas por 67 deputados, de acordo co disposto no Estatuto de Autonomía de Aragón. A circunscrición electoral é provincial, de modo que cada unha das tres provincias aragonesas ten asignado un número de deputados proporcionais á súa poboación:
- Provincia de Huesca: 18 deputados.
- Provincia de Teruel: 14 deputados.
- Provincia de Zaragoza: 35 deputados.
VIII Lexislatura (2011-2015)Editar
Grupos parlamentarios nas Cortes de Aragón durante a VIII Lexislatura | |||||
Grupo parlamentario | Partido | Portavoz | Líder | Escanos | |
Grupo Popular nas Cortes de Aragón | PP | Antonio Torres Millera | Luisa Fernanda Rudi (P) | 30 | |
Grupo Socialista | PSOE | José Javier Sada | Eva Almunia | 22 | |
Grupo do Partido Aragonés | PAR | Alfredo Valeriano Boné | José Ángel Biel | 7 | |
Grupo Chunta Aragonesista | CHA | Nieves Ibeas | José Luis Soro | 4 | |
Grupo Esquerda Unida de Aragón | IU | Adolfo Barrena | Adolfo Barrena | 4 |
Repartición histórica (1983-2011)Editar
Partido | 1983 | 1987 | 1991 | 1995 | 1999 | 2003 | 2007 | 2011 | |
PSOE | 33 | 27 | 30 | 19 | 23 | 27 | 30 | 22 | |
PPa | 18 | 13 | 17 | 27 | 28 | 22 | 23 | 30 | |
PAR | 13 | 19 | 17 | 14 | 10 | 8 | 9 | 7 | |
CHAb | - | - | 2 | 5 | 9 | 4 | 4 | ||
IU | 1 | 2 | 3 | 5 | 1 | 1 | 1 | 4 | |
UCD-CDS | 1 | 6 | - | - | - | - | |||
Total | 67 | 67 | 67 | 67 | 67 | 67 | 67 | 67 | |
Gobierno | PSOE | PAR/PP | PAR/PP ata 1993 PSOE desde 1993 |
PAR/PP | PAR/PSOE | PAR/PSOE | PAR/PSOE | PAR/PP | |
Legislatura | I | II | III | IV | V | VI | VII | VIII | |
aAP ata 1989, como AP-PDP-UL en 1983 bUA-CHA en 1987 bPCA ata 1986 |
NotasEditar
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Cortes de Aragón (en castelán)