Cercos de Zaragoza
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2018.) |
Os cercos de Zaragoza foron dous asedios sufridos pola cidade aragonesa de Zaragoza durante a guerra da Independencia, que enfrontou aos exércitos de ocupación do Primeiro Imperio Francés de Napoleón Bonaparte e a forzas españolas leais á dinastía Borbón.
Cercos de Zaragoza | |
---|---|
guerra da Independencia española, dentro das guerras napoleónicas | |
![]() | |
Tipo | campaña militar ![]() |
Data | |
Localización | Zaragoza ![]() |
Coordenadas | 41°38′41″N 0°52′39″O / 41.644722222222, -0.8775 |
Composto por | |
primeiro cerco de Zaragoza e segundo cerco de Zaragoza ![]() | |
Campaña | |
Guerra da Independencia española [ Editar ] Batallas
| |
[ Wikidata ] |
A praza era clave para garantir as comunicacións do nordés e o abastecemento das tropas en Cataluña, así como para controlar Aragón. Por iso, tras a sublevación da cidade a consecuencia dos sucesos do 2 de maio de 1808, enviouse a un exército para restablecer o control da cidade. Aínda que as tropas francesas eran superiores en número e armamento, a cidade resistiu.

Con todo, a finais de ano, os franceses regresaron en maior número, renovándose o cerco. A pesar da feroz resistencia da cidade, inmortalizada por varios cronistas, a cidade, decimada pola guerra e as epidemias derivadas do cerco, capituló finalmente o 21 de febreiro de 1809.
Os cercos de Zaragoza foron un dos acontecementos máis representativos da guerra de Independencia, legando un gran número de heroes e lendas á tradición popular, e sendo fonte de inspiración para varios escritores.