José Luis Soro

político español

José Luis Soro Domingo, nado en Zaragoza o 17 de decembro de 1966, é un político nacionalista aragonés.

Infotaula de personaJosé Luis Soro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes de Aragón
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoChunta Aragonesista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: pepesoro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Soro é licenciado en Dereito pola Universidade de Zaragoza e colexiado en Zaragoza dende 1993 (aínda que na actualidade non exerce). Milita en CHA dende o ano 1994, e dende 2008 foi o responsable da vicesecretaría xeral de Acción Política.

Nas eleccións de maio de 2011 foi elixido deputado pola Chunta Aragonesista nas Cortes de Aragón pola circunscrición de Zaragoza e voceiro adxunto do Grupo Parlamentario dende entón. Anteriormente xa fora asesor xurídico do Grupo Parlamentario CHA nas lexislaturas VI e VII (2003-2011).[1]

En febreiro de 2012 foi elixido presidente de Chunta Aragonesista co 74,2% dos votos, na IX Asemblea Nazional, sucedendo a Nieves Ibeas, e en 2014 foi nomeado voceiro do Grupo Parlamentario.[2][3] Dende o 6 de xullo de 2015 é Conselleiro de Vertebración do Territorio, Mobilidade e Vivenda da Deputación Xeral de Aragón no Goberno de coalición PSOE-CHA presidido polo socialista Javier Lambán. Tamén é presidente de Chunta Aragonesista dende o 10 de febreiro de 2012. Entre 2011 e 2015 foi deputado nas Cortes de Aragón pola circunscrición de Zaragoza (VIII e IX Lexislaturas).[4][2][1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Ficha de diputado en Cortes de Aragón
  2. 2,0 2,1 "José Luis Soro, elegido presidente de CHA con el 74,2% de los votos". 11 de febreiro de 2012. Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  3. "Carmen Martínez, nueva diputada de CHA, y José Luis Soro, portavoz". 21 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2015. Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  4. "Soro fomentará la vertebración para hacer feliz a la gente "viva donde viva"". 6 de xullo de 2015. Consultado o 6 de xullo de 2015.