Reais Alcázares de Sevilla
Os Reais Alcázares de Sevilla, son un conxunto de edificios palacianos situados na cidade de Sevilla, a construción dos cales iniciouse na Idade Media, onde se mesturan múltiples estilos, desde a arte islámica dos seus primeiros habitantes, o mudéxar e gótico do período posterior á conquista da cidade polas tropas castelás ata o renacentista e barroco de posteriores reformas. O recinto foi habitualmente utilizado como lugar de aloxamento dos membros da Casa Real española e de xefes de estado de visita á cidade. Foi declarado Patrimonio da Humanidade, xunto á catedral de Sevilla e a Arquivo de Indias o ano 1987.
(es) Reales Alcázares | ||||
Tipo | alcázar palacio obra hidráulica sepultura monumento alcázar | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Catedral, Alcazar e Arquivo das Índias em Sevilha (pt) Zona Velha de Sevilha (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Sevilla, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 9,8 ha zona de protección: 68,33 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 1987 (11ª Sesión) | |||
Identificador | 383-002 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 3 de xuño de 1931 | |||
Identificador | RI-51-0001067 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 6 de abril de 1931 | |||
Identificador | RI-51-0001067 | |||
Sitio web | alcazarsevilla.org | |||
Historia
editarA fortificación orixinal foi construída sobre un antigo establecemento romano e máis tarde visigodo. Empezou a tomar o seu aspecto de fortificación palaciana, logo da conquista de Sevilla, o 712 polos árabes; que xa desde o ano 720 utilizarían o recinto como residencia dos seus dirixentes. O ano 884 a fortaleza contribuíu a evitar unha invasión dos viquingos da cidade.
Desde a súa construción inicial árabe, o conxunto incluía varios recintos, como a Casa dos Príncipes, vivendas que ao século IX ían desde a Praza do Triunfo ata o Barrio de Santa Cruz. O primitivo palacio islámico é da mesma época que a Alhambra de Granada, ampliouse coa vivenda dos emires ao século XI, tamén no século XII continuouse fortificando e engadíndolle apousentos como o Alcázar ou Palacio das Bendicións, un século máis tarde os almohades sumaron máis patios e palacios. Actualmente só se conserva o Patio do Yeso, resto do antigo Palacio Islámico.
Logo da conquista da cidade polo rei Fernando III de Castela o 1248, converteuse en aloxamento real, o seu fillo Afonso X o Sabio levou a cabo as primeiras reformas logo da conquista, ordenando en 1254 a construción de tres grandes salóns en estilo gótico. Posteriormente o 1364, Pedro I de Castela decidiu de construír o denominado Palacio Mudéxar, que se converteu no primeiro palacio dun rei castelán que non estaba protexido por muros e defensas dun castelo, e logrando o aspecto mudéxar que hoxe conserva e que aínda sorprende pola súa riqueza e ornamentación. En 1366 cando estivo acabado o novo palacio, empezou unha guerra civil que enfrontou a Pedro I co seu medio irmán Henrique II de Castela, e que acabaría coa morte de Pedro o 1369, polo que non parece que o rei Pedro, puidese gozar do novo palacio por moito tempo.[1] O palacio de Pedro I é considerado o máis completo exemplo da arquitectura mudéxar en España. Posteriormente tamén se construíron a Capela Gótica, o baixador, o Patio da Montería e os Grotescos dos xardíns.
Notas
editar- ↑ Valencia Rodríguez, Rafael. "Palacio de Pedro I Real Alcázar de Sevilla 1356-1366". Ibn Jaldún: el Mediterráneo en el siglo XIV : auge y declive de los imperios. Fundación José Manuel Lara. ISBN 978-84-96556-32-4.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Reais Alcázares de Sevilla |
- Real Alcázar de Sevilla (en castelán)
- Consellería de Cultura - Bens Patrimonio Mundial (en castelán)
- Real Alcázar de Sevilla Arquivado 21 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)