Xoana Enríquez
Xoana Enríquez e Fernández de Córdoba, nada en Medina de Rioseco en 1425 e finada en Tarragona o 13 de febreiro de 1468, foi raíña consorte de Navarra (1447 - 1468) e de Aragón (1458 - 1468), V Señora de Casarrubios del Monte, pertenceu á importante liñaxe dos Enríquez, rama ilexítima dos reis de Castela.
Xoana Enríquez e Fernández de Córdoba | |
---|---|
Raíña consorte de Navarra e Aragón | |
![]() | |
Reinado | abril 1444 - 13 de febreiro 1468 |
Nome completo | Xoana Enríquez e Fernández de Córdoba |
Outros títulos | V Señora de Casarrubios del Monte |
Nacemento | 1425 Medina de Rioseco |
Falecemento | 13 de febreiro de 1468 Tarragona |
Predecesor | Branca I de Navarra |
Sucesor | Isabel I de Castela |
Consorte | Xoán II de Aragón |
Descendencia | Fernando o Católico Infanta Xoana de Aragón |
Casa real | liñaxe dos Enríquez. |
Proxenitores | Fadrique Enríquez Marina Fernández de Córdoba y Ayala |
![]() | |
Na rede | |
![]() | |
Traxectoria Editar
Muller ambiciosa e imperante, era filla de Fadrique Enríquez, almirante de Castela e de Marina Fernández de Córdoba e Ayala, finada en 1431.
Actividade política como raíña consorte Editar
A morte en 1458 do rei Afonso V de Aragón significou a ascensión ao trono de Xoán II e a súa muller Xoana.[1]
Un dos máis grandes desexos de Xoana Enríquez, cara ao que tendeu habilmente a súa política, foi o matrimonio (en outubro de 1469) do seu fillo Fernando, de dezaseis anos, con Isabel de Castela, de dezasete.[1] Non puido velo realizado pois morreu o 13 de febreiro de 1468 por complicacións de cancro de mama.
Xoana ademais foi acusada de envelenar ao príncipe Carlos de Viana,[2][3] primeiro fillo do seu marido o rei Xoán II coa súa primeira esposa Branca de Navarra, posto que supoñía un obstáculo para as pretensións ao trono do seu fillo Fernando.[2]
Matrimonio e descendencia Editar
Foi a segunda esposa de Xoán II de Aragón e de Navarra (co mesmo ordinal para ambos os territorios), viúvo desde 1441, con quen contraeu matrimonio en abril de 1444, contando dezanove anos. Tiveron dous fillos:
- Fernando o Católico (Sos del Rey Católico, 10 de marzo de 1452 – Madrigalejo, 23 de xaneiro de 1516), rei de Aragón e de Castela (co nome de Fernando V) desde decembro de 1474 polo seu matrimonio en outubro de 1469 con Isabel I a Católica;
- Xoana (1455 – 1517), segunda esposa de Fernando I de Nápoles, primo bastardo de Fernando II de Aragón.
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 http://www.biografiasyvidas.com/biografia/j/juana_enriquez.htm
- ↑ 2,0 2,1 http://www.rtve.es/television/20130517/mas-isabel-quien-fue-juana-enriquez-madre-fernando/674044.shtml
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2015.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoana Enríquez |
Outros artigos Editar
Predecesor: María de Castela |
Raíña consorte de Aragón, Mallorca, Valencia e Sicilia Condesa consorte de Barcelona 1458-1468 |
Sucesor: Isabel I de Castela |