Sos del Rey Católico

Sos del Rey Católico (en aragonés: Sos d'o Rei Catolico) é un municipio español da comarca de Cinco Villas, ao noroeste da provincia de Zaragoza, comunidade autónoma de Aragón. O municipio está composto por cinco asentamentos de poboación: Sos del Rey Católico, Barués, Campo Real, Mamillas e Sofuentes.

Modelo:Xeografía políticaSos del Rey Católico
Imaxe

Localización
Mapa
 42°29′50″N 1°12′57″O / 42.4973, -1.2157Coordenadas: 42°29′50″N 1°12′57″O / 42.4973, -1.2157
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
CapitalSos del Rey Católico Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación583 (2023) Editar o valor em Wikidata (2,69 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie216,624807 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude652 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJesús María Iso Echegoyen Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal50680 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE50248 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina websosdelreycatolico.com Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A localización desta poboación nunha elevación do terreo rochosa converteuno durante moito tempo en praza forte. No século X foi reconquistada, e desde entón tivo grande importancia como cidade fronteiriza. En 1044 foi incorporada por Ramiro I ao Reino de Aragón.[1]

No ano 1452, en plena Guerra de Navarra, a raíña Xoana Enríquez desprazouse á vila, chamada por entón simplemente Sos. Alí deu a luz ao infante Fernando, que logo se convertería en Fernando o Católico. Ese nacemento engadiu o sobrenome del Rey Católico ao nome da poboación.[1] En 1711 foi nomeada Capital das Cinco Villas.[1]

Todo o seu centro histórico está moi ben conservado e a vila está declarada Conxunto Histórico Artístico e Ben de Interese Cultural desde o ano 1968. A excepcional conservación do seu centro urbano fai que un paseo por esta localidade se converta nunha viaxe ao pasado destacando as murallas, igrexas, a praza da vila e o Palacio de los Sada, onde naceu Fernando o Católico no ano 1452.

 
Xudaría de Sos del Rey Católico, adxacente ao Palacio de los Sada

En Sos del Rey Católico rodouse a película La vaquilla (1985) de Luis García Berlanga, na que actuaron como extras moitos dos veciños da localidade.[2]

Política local editar

Últimos alcaldes de Sos del Rey Católico editar

Período Alcalde Partido
1979-1983 Juan Luís Machín Garín[3] UCD
1983-1987
1987-1991
1991-1995
1995-1999
1999-2003
2003-2007
2007-2011
2011-2014 Jesús María Iso Echegoyen PP
2014-2015 María José Navarro Lafita[4] PSOE
2015-2019

Resultados electorais editar

Eleccións municipais[5]
Partido 2003 2007 2011 2015
PSOE 3 5 3 4
CA 2
PP 1 1 3 1
AISRC 1
PAR 2 1 -
EU -
CHA 1
Total 7 7 7 7

Lugares de Interese editar

  • Igrexa de San Esteban: A igrexa de San Esteban está situada xunto ao castelo. O conxunto está formado pola igrexa en si, destinada ao culto, a cripta e o claustro, que dá acceso desde a rúa que sobe da praza da vila, á portada principal da igrexa.
  • Cripta da Virxe do Perdón: s. XIV
 
Planta da cripta de Sta. Mª do Perdón.
Marcas de cantaría.
  • Castelo: Como vila fronteiriza entre os veciños reinos de Navarra e Aragón, Sos contou co seu castelo fortificado para reforzar a liña defensiva.
  • Casa da vila: É un edificio, de estilo renacentista, que foi construído polo concello a finais do século XVI, reformado durante o século XIX, e restaurado para a adaptación á súa actual función como sede administrativa das dependencias municipais, nos anos oitenta.
  • Palacio dos Sada: Casa palacio, é un edifico de perpiaños, que data de finais do século XV. Foi a vivenda da familia nobiliaria dos Sada, e a casa onde foi acollida dona Xoana Enríquez, para dar a luz ao futuro monarca Fernando II de Aragón.
  • Portas da muralla: Consérvanse sete portais da muralla, que dan acceso ao recinto intramuros.
  • Santuario de Valentuñana: Construído polos Carmelitas Descalzos, a finais do século XVII, o Convento de Nosa Señora de Valentuñana.
  • A xudaría: Chamada hoxe en día "barrio alto". Estivo en orixe formada por unhas trinta casas ó redor dunha rúa principal desde a que se podía acceder ao centro da vila e desde a cal xorden diversos canellóns sen saída.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Alberto, Rosa e Javier. "Sos del Rey Católico". 
  2. Javier Ortega (18 de febreiro de 1985). "Berlanga estrena en Zaragoza su película 'La vaquilla'". El País. Consultado o 9 de novembro de 2008. 
  3. Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (Goberno de España). "Treinta aniversario de las primeras elecciones municipales de la democracia". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2014. Consultado o 6 de marzo de 2014. 
  4. "Alcaldes de todos los municipios de la provincia de Zaragoza". Heraldo.es. 14 de xuño de 2015. 
  5. Goberno de Aragón (2012). "Archivo Electoral de Aragón". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2012. Consultado o 13 de agosto. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar