Petilla de Aragón
Coordenadas: 42°27′41″N 01°05′34″O / 42.46139, -1.09278
Petilla de Aragón é un concello español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na Comarca de Sangüesa e a 71 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2014 era de 35 habitantes (INE).

O municipio está formado por dous enclaves en Aragón, dentro da comarca de Cinco Villas, na provincia de Zaragoza, o enclave principal e o separado de Los Bastanes.
O enclave principal de Petilla linda polo norte con Gordún e con Isuerre, polo leste e polo sur con Uncastillo, e polo oeste con Sos del Rey Católico. O enclave de Los Bastanes linda polo norte e o oeste con Sos, e con Uncastillo polo leste e polo sur.
Ademais de pola súa peculiar situación xeográfica como enclave navarro en terras aragonesas, é tamén coñecido por ser a localidade natal de Santiago Ramón y Cajal.
Véxase tamén Editar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |