Cinco Villas

Condado d'Aragón, España, na provincia de Zaragoza

Cinco Villas (en galego: Cinco Vilas) é unha comarca situada no norte da provincia de Zaragoza, en Aragón. É a máis extensa das comarcas de Aragón, cunha superficie de 3.062,5 km². As vilas históricas que dan nome á comarca son Uncastillo, Tauste, Sádaba, a actual capital Ejea de los Caballeros e mais a antiga capital Sos del Rey Católico.

Vista de Uncastillo, unha das vilas históricas da comarca.
Localización da comarca en Aragón.
Concellos da comarca.

Desde un punto de vista histórico a localidade navarra de Petilla de Aragón forma parte da comarca das Cinco Villas.

LímitesEditar

Cinco Villas linda polo oeste coa comunidade autónoma de Navarra, polo leste coa Hoya de Huesca, polo sur coa Ribera Alta del Ebro, a comarca de Zaragoza e o Campo de Borja, e polo norte estrema coa Jacetania.

Lista de concellosEditar

Os concellos que conforman a comarca son os seguintes:

Ardisa, Asín, Bagüés, Biel, Biota, Castejón de Valdejasa, Castiliscar, Ejea de los Caballeros, Erla, El Frago, Isuerre, Layana, Lobera de Onsella, Longás, Luesia, Luna, Marracos, Navardún, Orés, Las Pedrosas, Piedratajada, Los Pintanos, Puendeluna, Sádaba, Sierra de Luna, Sos del Rey Católico, Tauste, Uncastillo, Undués de Lerda, Urriés e Valpalmas.

Datos básicosEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar