Ribera Alta del Ebro
A Ribera Alta del Ebro é unha comarca de Aragón, en España, situada ao oeste da provincia de Zaragoza. A súa capital é Alagón.
MunicipiosEditar
A comarca engloba os municipios de Alagón, Alcalá de Ebro, Bárboles, Boquiñeni, Cabañas de Ebro, Figueruelas, Gallur, Grisén, La Joyosa, Luceni, Pedrola, Pinseque, Pleitas, Pradilla de Ebro, Remolinos, Sobradiel e Torres de Berrellén.
XeografíaEditar
Trátase da bisbarra aragonesa máis pequena en extensión que, non obstante, ofrece unha das densidades de poboación máis alta respecto á media das bisbarras aragonesas. Este feito é posible grazas ao gran número de poboacións que a integran, así como unha media de habitantes por poboación elevada.
Limita ao norte coas Cinco Villas, ao oeste co Campo de Borja, ao sur con Valdejalón e ao leste con Zaragoza.
EconomíaEditar
Tradicionalmente a súa economía centrábase na horta cultivada entre os ríos Ebro e Jalón, afluente do Ebro. Actualmente a planta de Opel-España xunto coas súas industrias auxiliares sitúase en Figueruelas.