Tauste
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Tauste (Taust en lingua aragonesa) é un concello aragonés da provincia de Zaragoza, pertencente á comarca das Cinco Villas e ao partido xudicial de Ejea de los Caballeros. Desde o punto de vista eclesiástico, pertence á diocese e arquidiocese de Zaragoza.
XeografíaEditar
O termo municipal ten 405 km². A capital, situada a 267 metros de altura, está a 42 km da capital, Zaragoza. É a máis meridional das Cinco Vilas de Aragón e atópase situada na marxe esquerda do río Arba próximo á súa desembocadura no río Ebro. Limita ao norte con Ejea de los Caballeros e Castejón de Valdejasa. Ao sur co río Ebro, Gallur e Pradilla de Ebro. Ao leste con Zaragoza e Remolinos. E ao oeste coas Bardenas de Navarra.
HistoriaEditar
As súas orixes son difíciles de precisar e aínda que existen numerosos restos de distintas épocas, non dispomos de datos ata o século VIII.
O núcleo primitivo da vila, cun trazado de rúas estreitas, tortuosas e ruelas sen saída recórdanos a súa orixe árabe. En 1105, Afonso I incorporouna ao Reino de Aragón tras a súa reconquista, pero o empuxón definitivo para a súa consolidación e desenvolvemento produciuse coa concesión dunha Carta de Poboación que propiciou a súa primeira expansión urbana ao favorecer o asentamento no lugar de novos poboadores, atraídos polas condicións fixadas no documento.
Nos séculos posteriores construíronse os seus edificios máis senlleiros: a torre e igrexa de Santa María, as igrexas de San Antón e San Miguel, o mosteiro de San Jorge e o santuario da Virxe de Sancho Abarca.
Xa no século XIII sangrouse o río Arba e pouco despois iniciouse a construción do Canle de Tauste, dando orixe a un das canles de rega máis antigos do país. Deste xeito, os momentos de maior auxe económico e crecemento demográfico déronse no Renacemento. A vida viraba ao redor dunha potentísima gandería lanar, organizada en torno a Casa de Gandeiros, e a unha agricultura en auxe polo movemento roturador e o avance do regadío.
Ao longo do século XX dáse o despregamento definitivo. En 1954 aprobouse o Plan Xeral de Colonización de Bardenas e creáronse dúas pequenas aldeas no termo de Tauste: Sancho Abarca, Santa Engracia e Ejea de los Caballeros. Nos últimos anos estase dando un forte desenvolvemento en todos os sentidos. Nos Polígonos instaláronse novas empresas e seguen latentes as expectativas de desenvolvemento agrícola coa posta en marcha da segunda parte do Plan Bardenas.
DemografíaEditar
Evolución demográfica do municipio de Tauste | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1900 | 1920 | 1940 | 1960 | 1981 | 1990 | 1995 | 1998 | ||||||||||||
Poboación | 4.630 | 5.781 | 6.214 | 6.634 | 7.048 | 7.212 | 7.030 | 6.998 | |||||||||||
1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | ||||||||||||
Poboación | 6.977 | 6.932 | 6.978 | 7.207 | 7.247 | 7.289 | 7.412 | 7.503 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tauste |