Bardenas Reales

paraxe natural español
(Redirección desde «Bardenas»)
Bardenas Reales
Bardenas Reales
Situación en Navarra.
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 1999
Superficie: 41.840 hectáreas
Lexislación: Lei Foral 10/1999, de 6 de abril
Datos de interese
País: España España
Provincias: Navarra Zaragoza
Concellos: Carcastillo, Mélida, Santacara, Murillo el Cuende, Caparroso, Villafranca, Cadreita, Valtierra, Arguedas, Tudela, Cabanillas, Fustiñana, Buñuel, Tauste, Ejea de los Caballeros, Sádaba
Ríos: Ebro
Picos
Direccións de interese: Centro de Visitantes. Entrada dende la NA-134, km. 15,1.Estrada do Polígono de Tiro, km. 6
Teléfonos: 948 830308

As Bardenas Reales de Navarra son unha paraxe natural semidesértica dunhas 42.000 ten que se estende polo sueste de Navarra (España). Os seus chans son de arxilas, xesos e arenitas e foron erosionados pola auga e o vento creando formas sorprendentes nas que destacan os barrancos, as mesetas de estrutura tabular e os outeiros solitarios, chamados cabezos.

As Bardenas carecen de núcleos urbanos, a súa vexetación é moi escasa e as múltiples correntes de auga que sucan o territorio teñen un caudal marcadamente irregular, permanecendo secos a maior parte do ano. A altitude oscila entre os 280 e os 659 msnm. As Bardenas sitúanse nun punto equidistante entre a cordilleira pirenaica e a ibérica. As Bardenas Reales, antiga posesión real, non forman parte de ningún termo municipal e son propiedade da Comunidade Foral de Navarra. Vinte e dous municipios e entidades (os «congozantes») forman a Comunidade de Bardenas Reales, unha entidade de Dereito Público encargada do aproveitamento da paraxe.

Na actualidade, a maior parte das Bardenas Reales encóntranse protexidas dende o ano 1999 mediante a figura dun parque natural de 39.274 ha. Anteriormente, en 1986, dúas paraxes das Bardenas, o Rincón del Bú e as Caídas de la Negra, foran declaradas reservas naturais. Dende o 7 de novembro de 2000 o conxunto foi declarado Reserva da Biosfera.

Descrición do parque editar

Este parque natural tamén contén no seu interior unha reserva da biosfera, feita oficial no ano 2000. As paisaxes son de tipo desértico e estepario dando lugar a formacións xeolóxicas de grande interese.

Preto do parque, mais fóra dos seus límites oficiais, o río Ebro presenta boas forestas de ribeira. Para conservalas declaráronse varias figuras de protección: dúas reservas naturais, Soto de la Remonta de 44 ha e o Soto del Ramalete de 50 ha, e dous enclaves naturais, Sotos de Traslapuente de 26ha e Sotos de Murillo de las Limas de 93 ha. Nestas zonas a presenza de aves limícolas e acuáticas é salientábel.

Flora e fauna editar

A vexetación máis importante está representada polas gramíneas (coma o Lygeum spartum) e o sotobosque de tipo leñoso, coma por exemplo a Herba alba, Salsola vermiculata e Ononis tridentata.

As aves son o grupo de fauna de maior relevancia. Existen bos exemplos de aves esteparias: ganga, cortizol común, calandra real e a laverca E de aves rapaces coma o voitre branco, voitre leonado, a gatafornela e a aguia real.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Coordenadas: 42°11′27″N 1°28′12″O / 42.19083, -1.47000