Abrir o menú principal
Gatafornela
Femia adulta, subespecie americana
Femia adulta, subespecie americana
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Xénero: 'Circus'
Especie: C. cyaneus
Nome binomial
'Circus cyaneus'
(Linnaeus, 1766)
Distribución de C. cyaneus

Distribución de C. cyaneus
Sinonimia

Circus hudsonius

A gatafornela[2] (Circus cyaneus) é unha ave de rapina que cría na parte setentrional do hemisferio norte, incluíndo Canadá e parte dos Estados Unidos e o norte de Eurasia

DescriciónEditar

Son rapaces de alas longas, dunha envergadura de ata 105 cm, que manteñen formando un V cando voan baixo. Os machos miden uns 43 cm de lonxitude fronte ós aproximadamente 51 cm das femias. Os machos pesan entre 300 e 400 g; as femias, claramente máis pesadas, de 410 a 710 g. Os dous sexos teñen plumaxes ben diferenciadas: as femias, moi semellantes ás doutras especies da familia, son castañas por riba, coas plumas cobertoiras da cola brancas e manchas castañas na parte inferior do corpo. Os machos adultos teñen o lombo gris cinza, a cabeza e o peito son cincentos, as puntas das alas son negras. Diferéncianse doutras especies do xénero Circus pola falta da faixa alar negra. Os exemplares novos son semellantes á femia, castaños coa parte inferior raiada. Son aves barulleiras, doadas de escoitar nos arredores do niño.

Hábitat e distribuciónEditar

Son aves en xeral de paisaxes abertas: uzais, pantanos e zonas acuáticas con áreas de canaval. Estivo espallada case por toda Europa, coa excepción de Islandia, o norte de África e o oeste de Asia, pero hoxe desapareceu de moitas zonas. En Galicia é unha especie catalogada como vulnerable[3], estimándose que había en 2006 entre 68 e 119 parellas.[4]

TaxonomíaEditar

Comprende dúas subespecies, só unha segundo algúns autores:

  • Circus cyaneus cyaneus: que cría en Eurasia.
  • Circus cyaneus hudsonius: norteaméricana, de exemplares con plumaxe máis escura e considerada por algúns ornitólogos unha especie separada co nome científico. C. hudsonius

AlimentaciónEditar

Capturan as presas voando baixo coas alas formando un V e aproveitando os obstáculos do terreo para agacharse e caer sobre delas por sorpresa. O seu alimento principal son mamíferos pequenos e paxaros, aínda que capturan e comen tamén lagartos, ras e insectos. Os exemplares máis grandes poden atrapar crías de coello e perdices.

ReproduciónEditar

A partir dos meses de marzo ou abril comezan os seus voos de exhibición, moi vistosos. A parella voa xunta formando curvas, interrompidas por ascensos verticais do macho seguidos de caídas en picado. En ocasións un macho experimentado aparéllase con varias femias e ten que fornecer tódolos niños con alimentos.

Fan niños relativamente pequenos, construídos con herbas, follas e pauciños no chan, en zonas de vexetación mesta, preferentemente de terreos abertos. Poñen, cuns dous días de separación entre ovo e ovo, de 4 e 6 ovos con coloracións que varían do branco ó azul claro. Chocan entre 28 e 31 días, e os polos fican no niño 6 ou 7 semanas. Coma en case tódalas aves que crían no chan, as perdas de ovos e polos son moi elevadas: só chegan a voar de media 1,2 polos por niño, dos que o 60% morren no primeiro ano de vida.

MigraciónsEditar

Na Europa occidental son aves sedentarias, mentres que os exemplares rusos e escandinavos pasan o inverno máis ó sur, no sur e centro de Europa e Turquía.

Nomes vulgares noutras linguasEditar

  • Alemán: Kornweihe
  • Español: Aguilucho pálido
  • Francés: Busard Saint-Martin
  • Inglés: Hen Harrier
  • Neerlandés: Blauwe kiekendief
  • Polaco: Błotniak zbożowy
  • Portugués: Tartaranhão-azulado
  • Sueco: Blå kärrhök

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Benny Génsbol, Walther Thiede; Greifvögel - Alle europäischen Arten, Bestimmungsmerkmale, Flugbilder, Biologie, Verbreitung, Gefährdung, Bestandsentwicklung, BLV Verlag München, 1997, ISBN 3-405-14386-1

Ligazóns externasEditar