Plana de Uesca
A Plana de Uesca (que significa Chaira de Uesca, e que se lle chama Hoya de Huesca en castelán e oficialmente Hoya de Huesca/Plana de Uesca[1]) é unha comarca de Aragón, en España. A maior parte da comarca está situada na provincia de Huesca pero tamén inclúe dous municipios da provincia de Zaragoza (Murillo de Gállego e Santa Eulalia de Gállego). A súa capital é Huesca.


Paradoxalmente, e malia faceren referencia en ambos os casos a un accidente xeográfico, os nomes tradicionais da bisbarra en aragonés (Plana de Uesca) e en castelán (Hoya de Huesca) non significan o mesmo. Plana é aragonés para 'chaira', mentres que hoya é castelán para 'fondal'. En catalán coñécese como Foia d'Osca.
A súa economía está fundada, principalmente, na agricultura e gandería. A industria baséase, fundamentalmente, na do metal.
Municipios Editar
A comarca engloba os municipios de Agüero, Albero Alto, Alcalá de Gurrea, Alcalá d'o Bispe, Alerre, Almudébar, Angüés, Antillón, Argavieso, Arguis, Ayerbe, Banastars, Biscarrués, Blecua y Torres, Casbas de Uesca, Chimillas, Gurrea de Gállego, Huesca/Uesca, Ibieca, Igriés, Lobarre, Loporzano, Os Corrals, Lupiñén-Ortilla, Monflorite-Lascasas, Morillo de Galligo, Novales, Nueno, Las Peñas de Riglos, Pertusa, Piracés, Quicena, Salillas, Santolaria de Galligo, Sesa, Sietemo, La Sotonera, Tierz, Tramaced e Bizién.
Xeografía Editar
Emprazada na parte central do somontano oscense, é atravesada polos ríos Isuela, Flumen e Guatizalema. Sitúase entre os ríos Sotón e Alcanadre e está limitada polas serras de Gratal e Guara.
Limita ao norte coas comarcas de Jacetania e Alto Gállego, ao sur coas de Zaragoza e Los Monegros, ao leste con Somontano de Barbastro e ao oeste con Cinco Villas.
Notas Editar
- ↑ DECRETO LEXISLATIVO 2/2006 Arquivado 23 de abril de 2009 en Wayback Machine., de 27 de decembro, do Goberno de Aragón, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Delimitación Comarcal de Aragón.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Plana de Uesca |