Serra de Guara

A Serra de Guara é un cordal montañoso situado nas primeiras estribacións dos Pireneos aragoneses. Érguese a noroeste da cidade de Huesca. A súa maior altura é o Tozal de Guara, que atinxe os 2.077 msnm.

Vista do Tozal de Guara

Na súa parte oriental áchase o Parque natural da Serra e dos Canóns de Guara.