Miguel da Paz
Miguel da Paz de Portugal (en portugués: Miguel dá Paz de Avis e Trastâmara), nado en Zaragoza o 24 de agosto de 1498 e finado en Granada o 19 de xullo de 1500, foi príncipe de Asturias de 1499 a 1500 e príncipe herdeiro de Portugal de 1498 a 1500.[1]
Miguel da Paz de Portugal | |
---|---|
Príncipe de Asturias Príncipe herdeiro de Portugal | |
![]() | |
Príncipe de Asturias | |
1499-1500 | |
Predecesor | Isabel de Aragón |
Sucesor | Xoana de Aragón |
Príncipe herdeiro de Portugal | |
1498-1500 | |
Predecesor | Xaime I de Braganza |
Sucesor | Xoán de Portugal |
Nacemento | 24 de agosto de 1498 Zaragoza, Coroa de Aragón |
Falecemento | Granada, Coroa de Castela |
Casa real | Dinastía de Avis |
Proxenitores | Manuel I de Portugal Isabel de Aragón |
Na rede | |
![]() ![]() | |
Traxectoria Editar
Fillo do rei Manuel I de Portugal e de Isabel de Aragón, princesa de Asturias e filla dos Reis Católicos. Naceu o 24 de agosto de 1498 en Zaragoza (Aragón), e no parto faleceu a súa nai.[1][2]
Como fillo do rei luso, era tamén príncipe herdeiro de Portugal. A morte da súa nai converteu a Miguel da Paz en Príncipe de Asturias e Xirona, títulos outorgados aos herdeiros das coroas de Castela e de Aragón. Xa que logo, de vivir o suficiente, gobernaría sobre toda a Península Ibérica, as posesións aragonesas no Mediterráneo e as posesións castelás e portuguesas de ultramar.
Miguel da Paz morreu en Granada o 20 de xullo de 1500, sen chegar a cumprir os dous anos de idade e foi sepultado en Toledo. Posteriormente foi trasladado á Capela Real de Granada onde actualmente descansa xunto aos restos da súa tía e o marido dela, Xoana I e Filipe I, e os seus avós, Isabel I e Fernando V.
Unificación ibérica Editar
Coa súa morte morreu tamén a posibilidade de que todos os reinos da Península Ibérica unísense baixo un monarca común e que se producise o tan buscado soño da unificación ibérica. Portugal e a xa unificada España non lograrían ter un mesmo monarca ata 1580, trala vitoria española na batalla de Alcántara co goberno da península en mans de Filipe II, Filipe III e Filipe IV de España, aínda que nunhas circunstancias moi diferentes.
Antepasados Editar
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 "Miguel (D.).". Portugal - Dicionário Histórico, Corográfico, Heráldico, Biográfico, Bibliográfico, Numismático e Artístico (en portugués). 2014. p. 1099. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2014. Consultado o 2 de febreiro.
- ↑ Juan de Mariana: Historia general de España, vol. XIV, pág. 13.
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Predecesor: Xaime I de Braganza |
Príncipe herdeiro de Portugal 1498 - 1500 |
Sucesor: Xoán de Portugal |
Predecesor: Isabel de Aragón |
Príncipe de Asturias 1499 - 1500 |
Sucesor: Xoana de Castela |
Predecesor: Xoán de Aragón |
Príncipe de Xirona 1499 - 1500 |
Sucesor: Xoana de Castela |