Península Ibérica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
A Península Ibérica[1] é unha península do suroeste de Europa. Está arrodeada polo mar Mediterráneo, o océano Atlántico e os Pireneos, que separan a península do resto do continente. Politicamente, abrangue os estados de Portugal, España e Andorra, estes dous últimos fronteirizos con Francia. Tamén abrangue Xibraltar, territorio británico situado ó sur de Andalucía con apenas unha trintena de quilómetros. Polo sur, a península está separada do continente africano (Marrocos) polo Estreito de Xibraltar.
Tipo | península | ||||
---|---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Europa | ||||
Localización | |||||
Continente | Europa | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Atlántico, Mar Mediterráneo e Golfo de Biscaia | ||||
Conéctase con | Pireneos | ||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Punto máis alto | Mulhacén (3.482 m ) | ||||
Atravesa | España, Portugal, Andorra, Xibraltar e Francia | ||||
Superficie | 596.740 km² | ||||
Historia
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
As primeiras noticias escritas que fan referencia á península proceden da época grega e fenicia, pobos que fundaron as primeiras colonias neste territorio. Posteriormente chegaron os romanos, que conquistaron a práctica totalidade da península, que dende entón se pasou a coñecer co nome de Hispania, xa que ata entón a denominación máis usual era a grega de Iberia.
Trala caída do imperio o territorio foi ocupado por pobos de orixe goda, principalmente suevos (no noroeste), vándalos (no sur) e visigodos (resto da península). Estes últimos acabarían por conquista-la totalidade do territorio.
Tempo despois chegarían os árabes, que unha vez máis se farían co poder en case toda a península, tirantes uns poucos territorios do norte, que ó final acabarían por se impoñer ó dominio musulmán nun proceso continuo de guerras coñecido como Reconquista. Entrementres, o territorio islamizado sería durante sete séculos un importante centro cultural ata a caída do reino taifa de Granada en 1492.
Durante o reinado dos Reis Católicos a península será unificada, agás o territorio correspondente a Portugal, que unha vez conquistado o Algarve será un dos países que menos cambiou as súas fronteiras ó longo dos séculos. Xa no reinado de Filipe II a península vería a súa derradeira unificación baixo un mesmo gobernante, pero coa reconquista da independencia de Portugal o territorio peninsular quedaría xa dividido ata a actualidade nos dous estados: Portugal e España.
Linguas
editarHoxe en día o portugués e o español son linguas oficiais en cadanseu estado. O galego, o éuscaro e o catalán son linguas cooficiais nos seus respectivos territorios (o catalán tamén é a lingua oficial do Principado de Andorra). O aranés (variedade occitana falada no Val de Arán) é oficial en toda Cataluña, e o mirandés (variedade leonesa falada en Portugal) éo no concello portugués de Miranda do Douro. O asturleonés, coas súas variedades (asturiano, leonés, cántabro, estremeño), e o aragonés son outras linguas da península, pero non teñen carácter oficial. O inglés é oficial en Xibraltar.
División política da Península Ibérica
editarA Península Ibérica comprende gran parte de España, Portugal, Andorra e Xibraltar. Historicamente, denominouse Península Ibérica ao territorio continental europeo que está situado ao sur dos Pireneos.
Estado ou dependencia | Poboación | Extensión (km²) | Capital |
---|---|---|---|
España[2] | 42.167.337[3] | 493.519[4] | Madrid |
Portugal[5] | 10.077.388 | 89.261 | Lisboa |
Andorra | 81.222 | 467,76 | Andorra la Vella |
Xibraltar | 27.967 | 6,50 | Xibraltar |
Península Ibérica | 52.353.914 | 583.254 |
Xeograficamente, tamén incluiría a Francia máis meridional: a zona sur das rexións de Aquitania (departamento de Pireneos Atlánticos) e de Occitania (departamentos de Altos Pireneos, Alta Garona, Ariège e Pireneos Orientais).[6]
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ibérico.
- ↑ Non se inclúen Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla.
- ↑ Esta cifra obtense restando da poboación total de España (45.200.894 hab.) o correspondente a Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla.
- ↑ Esta cifra obtense restando da superficie total de España (504.645 km²) a correspondente a Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla.
- ↑ Non se inclúen Azores e Madeira.
- ↑ A parte meridional destes departamentos áchase ao sur do istmo xeográfico.