Bande
Bande é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.591 habitantes[1] (1735 en 2015, 2083 en 2010, 2217 en 2006, 2285 en 2005, 2326 en 2004 e 2332 en 2003). O xentilicio é bandés.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Bande | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.482 (2023) (14,98 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 98,96 km² | ||||
Altitude | 728 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Sandra Quintas (2020–) | ||||
Eleccións municipais en Bande | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32006 | ||||
Xeografía
editarO concello de Bande ten 99 km² e está dominado polos Montes de Bande, ao norte, que son ramificacións da Serra de Leboreiro. As altitudes máximas atópanse neles: Porto Lamas (1146 m) e Fonte Santa (1088 m). Polo sur discorre o río Limia, que forma o Encoro das Conchas, e de noroeste a sueste vai o río Cadós, que desemboca nel. Os bosques cobren dous terzos do terreo e o resto ocúpano cultivos e lameiros.
O clima é húmido e chuvioso, con temperaturas suaves no verán e baixas no inverno. A media anual é de 13,1 °C.
Demografía
editarCenso total | 1.591 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 64 (4,02 %) |
Entre 15 e 64 anos | 757 (47.58 %) |
Maiores de 65 anos | 770 (48.4 %) |
Evolución da poboación de Bande Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5721 | 5684 | 6099 | 3882 | 2326 | 2116 | 2020 | 1958 | 1890 | 1829 | 1735 | 1668 | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
editarBande escribe nas súas terras desde tempo inmemorial a súa historia, deixando a pegada nos vestixios das moitas poboacións que habitaron estes lugares. Bo exemplo diso son os numerosos restos arqueolóxicos que se conservan, entre os que resaltan as mámoas que se dispersan polo seu territorio, os castros de Rubiás, Sarreas, Fervenza, Seoane, Lobosandaus e Pena Maior.
Época romana
editarNo seu territorio habitaba a tribo dos Querquennos, que foron sometidos polas tropas romanas. No ano -218, Décimo Xunio Bruto que cruzou o río Limia (Lethes ou río do esquecemento) por algún lugar próximo ao que hoxe é territorio de Bande; Décimo Xunio Bruto demostra aos seus soldados -medorentos de cruzar estas augas- que non se perde a memoria alén do río, e cita un a un os nomes da súa tropa. Os romanos trazaron por estas terras a Vía XVIII de Brácara Augusta a Astúrica Augusta, coñecida como a Vía Nova do itinerario de Antonino Item alio itinere a Brácara Astúrica que foi construída no ano 80 baixo o reinado dos emperadores Perico e Domiciano. A máis de construírse un campamento denominado "Aquis Querquennis" coñecido tamén como "A Cidá" (este campamento é o terceiro da Vía romana).
Idade Media
editarOdoario mandou repoboar estas terras en nome do rei Afonso III no século IX. Estas terras e os seus habitantes víronse inmersos en numerosas guerras cos portugueses que loitaban por establecer unha fronteira. A principios de século, nas proximidades do campamento romano, concretamente na vila dos Baños, construíuse un balneario que en determinadas épocas do ano queda asolagado polo encoro das Conchas cando o seu nivel é alto. Estas augas recoñecidas polas súas propiedades e aconselladas para tratar a reuma, enfermidades da pel e do aparello dixestivo, sae a uns 48 graos centígrados.
Restauración
editarDestacable é o feito de que, durante a Restauración, Bande era un feudo da familia Bugallal, que, segundo consta, gañaba as eleccións sen que se celebrasen as votacións, métodos que se denunciaron polas xentes destes lugares encabezados por Basilio Álvarez.
En Bande editouse o periódico El Noticiero de Bande en 1914.
Cultura
editarToponimia
editarDurante a romanización da Península Ibérica, Bande non pasou desapercibida. Bande, que etimoloxicamente provén de "Bandu", segundo algunhas teorías, ou de "Venatus", que evoluciona a "Vaneto", segundo afirma nos seus estudos o polígrafo Xocas.[Cómpre referencia]
Por outra parte, unha figuriña do Deus Bandua, recoñecido como "Marte galaico" foi encontrada no xacemento arqueolóxico de Aquis Querquernis. A posibilidade dunha relación entre o nome do deus e do topónimo parece clara.[Cómpre referencia]
Patrimonio
editarPatrimonio arqueolóxico
editarNas escavacións do campamento romano de "Aquis Querquennis" atopáronse, entre outros obxectos, unha estatuíña que representa un lexionario.
No castro de Rubias atopouse unha cabeza pétrea de guerreiro de época galaico-romana, coñecida como Cabeza de guerreiro de Rubiás e que se conserva no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Patrimonio arquitectónico
editarEn 1921 declarouse Monumento Nacional a Igrexa de Santa Comba de Bande. En 1944 declarouse Monumento Histórico Artístico a ponte de Ponte Pedriña, de orixe romana, asolagada ese mesmo ano polo encoro das Conchas.
Na antiga igrexa de Baños destapouse unha lápida coa inscrición "Alepio de 19 anos morto en Cristo no ano 545", que na actualidade tamén se atopa depositada no museo ourensán e se considera como unha das máis antigas que se coñecen dun enterramento cristián.
Economía
editarA agricultura ocupa o 50 % da poboación, que se complementa co gando ovino e vacún. Desde a década de 1930 a poboación reduciuse a un terzo debido á emigración, primeiro á Arxentina e o Uruguai, despois a Venezuela e a partir da década dos 50 maioritariamente a Europa (Suíza, Francia e Alemaña).
Bande na literatura popular
editar- A castaña saiu podre,/ mozos de Nigueiroá;/ a castaña saiu podre,/ outra boa sairá [3].
- Á entrada de Forcadas/ por ti parei perguntando:/ dixeron que estabas bo/ por eso veño cantando [4].
- Adios, Calvos e Corvelle,/ adios, Taboazas i a Fraga,/ adios, Quintas de Lubeira,/ adios, demos de Parada [5].
- Andivécheste alaudando/ por Recarei e por Bande/ que te querían as mozas:/ ai, que mentira tan grande! [6].
- Arrieiros, os de Calvos,/ que pasades pola estrada,/ tende coidado coas bestas/ no lugar de Fontarcada [7].
- As meniñas, as de Calvos,/ todas ten a saia rota,/ só a filla da forneira/ que a ten feita de estopa [8].
- As mociñas de Corvelle/ son pequenas e redondas;/ que vivan as de Facós,/ que son longuiñas e longas! [9].
- As mociñas de iste pueblo/ son malas de contentar;/ os mociños, os de Calvos,/ alá non as van buscar [10].
- Chabacana de Forcadas,/ anque te laves e laves/ eres negra de nación/ e pouquerrichiño vales [11].
- Chabacanas en Forcadas/ e cañotas na Nogueira;/ o que queira boas mozas/ veña as buscar a Loubeira [12].
- De Pereira me mandaron tres peras nun ramalliño, desexaba de sabere quen foi o do regaliño.[13]
- Do outro lado do río/ sentín chorar e cantei:/ Santa Lucía en Vileriño,/ San Antonio en Recarei [14].
- En Quintela hai boas mozas/ e no Pazo nada delas,/ en Santa Baia carnochas,/ ninguén quer cargar con elas [15]
- Eu esquirbinche unha carta/ na ala dunha paloma:/ lévalle moitas lembranzas/ ás mozas de Santa Comba [16].
- Hei de faguer unha ponte/ de peras e de mazás/ pra pasearen os mozos/ de Lubeira a Rubiás [17].
- Heime de casar en Crasto,/ en Crasto me casarei;/ se me non casar en Crasto/ casareime en Recarei [18].
- Indo prá feira da Ponte/ atopei un carballiño,/ atopei demos te leven/ metidos nun buratiño [19].
- Moreniña, moreniña,/ moreniña de Cadós,/ dame o teu amor, morena,/ xa que cho pido por Dios [20].
- O gaiteiro da Gudiña/ e mais o da Martiñá/ andan en pleito co vento/ e non sei quen gañará [21].
- O lugarciño dos Chaus/ heino de fundir a tiros:/ as balas han de ser ouro/ i as municiós de sospiros [22].
- O Ramonciño de Calvos/ tiña a gorriña esgazada;/ o Ramón a coser nela/ i a Carmela a esgazarlla [23].
- O río da Feira Nova/ pasa por baixo da ponte;/ as mozas de Paradela/ deixan o gado no monte [24].
- Pasei a Ponte Pedriña,/ Maruxiña por te ver;/ o día que te non vexo/ non poño o caldo a quecer [25].
- Pasei a Ponte Pedriña, /paseina de madrugada;/ hachei un anelo de ouro/ cunha cinta colorada [26].
- Pasei a Ponte Pedriña,/ paseina dunha carreira;/ tireille un tiro a unha lebre,/ matei unha costureira [27].
- Pasei a Ponte Pedriña,/ queridiña, por te ver;/ o día que te non vexo/ non podo o caldo comer [26].
- Qué estriga teño na roca!/ Que mazaroca farei!/ Que lindos mozos eu teño/ no lugar de Recarei [28].
- Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras [29].
- Teño amores, teño amores,/ en Nigueiroá os teño,/ mais hei de casar contigo/ xa que tu tes ise empeño [30].
- Teño un amor na montaña,/ en Forcadas teño sete;/ a ti heicho da-lo si/ cando non veñas peneque [31].
- Un veciño do lugar/ ten unha vaca marela/ que mercou na Feira Nova/ por seis pesetas e media [32].
- Vexo Sarreaus, vexo Bande,/ tamén vexo Recarei,/ vexo Calvos, vexo a Granxa,/ terriña onde me eu criei [33].
- Viva Bande, viva Bande,/ con todos seus arredores;/ terra de moitas castañas,/ vivan os apañadores [34].
- Viva Bande, viva Bande,/ que bonito vai a ser/ coa carreteiriña nova/ i a ponte que van faguer [35].
- Viva Bande, viva Bande,/ viva tamén Recarei,/ viva o lugar de Silvares/ que foi onde me eu criei [36].
- Viva Calvos e Corvelle,/ viva Parada i a Fraga,/ viva Quintas de Lubeira,/ mozas, as de Santa Baia [37].
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Bande.
-
Interior da igrexa de Santa Comba de Bande
-
Aquis Querquennis, campamento romano
-
Placa altimétrica do concello.
Parroquias
editar
Lugares de Bande
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Bande vexa: Lugares de Bande.
Notas
editar- ↑ Instituto Galego de Estatística (IGE). Xunta de Galicia, ed. (2017). "Poboación de Bande. Nomenclátor de Galicia. Ano 2016". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 29. Santiago de Nigueiroá é parroquia do concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 31). As Forcadas, lugar da parroquia de San Trocado de Santa Comba, concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle, parroquias do concello de Bande; Taboazas é lugar da parroquia de Santa Eufemia de Parada, concello de Lobeira; San Bartolomeu da Fraga, parroquia do concello de Lobeira; As Quintas, lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, do mesmo concello; [[Parada, Lobeira|Parada]}], parroquia do mesmo concello.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 39. Recarei e Bande son lugares da parroquia e concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 45. Santiago de Calvos, parroquia de Bande; Fonte Arcada, lugar da parroquia de San Martiño de Aguís, concello dos Blancos, aínda que Xaquín Lorenzo sitúa esta parroquia en Xinzo.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 47'). Santiago de Calvos, parroquia de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. No orixinal: Corbelle. Santa María de Corvelle é unha parroquia do concello de Bande; Facós é un lugar da parroquia de Lobeira no concello de Lobeira. Ambos lugares están próximos pero non lindeiros.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. Santiago de Calvos, parroquia de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 61. No orixinal: Farcadas. As Forcadas, lugar da parroquia de Santa Comba, Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 62). As Forcadas, lugar da parroquia de Santa Comba, concello de Bande; Nogueira é lugar da parroquia de Monte Longo, no concello de Lobeira.
- ↑ Presumiblemente refírese a Pereira, Corvelle, Bande
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: cantén. Vileriño será localismo por Vilariño, que en Ourense pode ser lugar da parroquia de San Xoán de Randín, no concello de Calvos de Randín; lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo, en Lobeira; ou San Xes de Vilariño, parroquia do mesmo concello. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 74. Quintela pode ser lugar das parroquias de Santa Comba ou do Ribeiro, no concello de Bande; Santa Baia é lugar de San Vicente de Lobeira, no concello de Lobeira.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 81. No orixinal: de unha. Hai unha Santa Comba en Bande e outra en Lobeira. Non sabemos a cal das dúas se referirá a cantiga.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88'). Rubiás é lugar da parroquia de Santiago de Cadós, no concello de Bande. Xaquín Lorenzo engade que non hai río nin regato entre as dúas localidades.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88. No orixinal: casaréime. Refírese a Castro Leboreiro, xa en Portugal; Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 90. A feira da Ponte celebrábase o 22 de cada mes no lugar da Ponte Liñares (tamén chamada A Feira Nova), na parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 105. Santiago de Cadós é unha parroquia do concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 117. Martiñán é lugar da parroquia e concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119. Chaos é lugar da parroquia de San Trocado de Santa Comba, no concello de Lobeira; Xaquín Lorenzo di que tamén pode referirse a un lugar chamado Chaus da Limia, en San Trocado de Santa Comba, parroquia do concello de Bande, pero este segundo non consta no Nomenclátor.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 123. Pode referirse a Santiago de Calvos, parroquia de Bande, ou ó concello de Calvos de Randín.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 124. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova. Finalmente, San Xoán de Paradela de Abeleda é parroquia do concello de Porqueira, tamén na comarca da Limia.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi. Esta Ponte Pedriña era unha vella ponte romana do concello de Bande que foi asolagada polo encoro das Conchas.
- ↑ 26,0 26,1 Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi, de unha, matéi.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 137). Unha estriga é un pequeno feixe de liño que se pon na roca para fiar. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141. San Trocado de Santa Comba é parroquia do concello de Bande; Lubeira enténdese que é a parroquia de San Vicente de Lobeira; Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, en Bande; Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 149. No orixinal: Nigueroá. Santiago de Nigueiroá é parroquia do concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 151. No orixinal: dalo, sí. As Forcadas é lugar da parroquia de Santa Comba, no concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 160. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161. Sarreaus, Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; A Granxa pertence á parroquia de Santiago de Cadós; e Santiago de Calvos é unha parroquia propia, todos eles no concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. Di Xaquín Lorenzo que se refire á estrada entre Bande e Allariz, e á ponte que cruza o río Limia (Ponte Nova, para distinguila da ponte medieval), pero ten que ser a estrada entre Bande e Xinzo de Limia, que si cruza o río Limia.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; Silvares é lugar de San Mamede de Grou, Lobios.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle son parroquias do concello de Bande; Santa Eufemia de Parada e San Bartolomeu da Fraga son parroquias do concello de Lobeira; As Quintas e Santa Baia, dous lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bande |