Pereira, Corvelle, Bande

lugar da parroquia de Covelle, no concello de Bande

Pereira á unha aldea da parroquia de Santa María de Corvelle, no concello de Bande. Tiña 61 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 30 eran homes e 31 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 67 habitantes (55 homes e 49 mulleres). Acadou os preto de 500 habitantes na súa etapa de maior poboación[cando?]. Está formada polos barrios da Touza, O Curro, A Carreira, A Cutiñeira e A Calzada ou Carballo.

Pereira
ParroquiaCorvelle
ConcelloBande
Coordenadas42°02′21″N 8°00′28″O / 42.039157389063, -8.0077238327794Coordenadas: 42°02′21″N 8°00′28″O / 42.039157389063, -8.0077238327794
Poboación61 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Atópase dentro do parque natural da Baixa Limia - Serra do Xurés, que ademais está declarado reserva da biosfera pola UNESCO. É unha aldea apiñada e de camiños estreitos na súa gran maioría, con abundancia de fontes nacidas nos mananciais próximos á localidade. Está enclavada no val da serra do Laboreiro con clima suavizado lixeiramente e terras fértiles. A altitude sobre o nivel do mar é de 800 m mais as cotas máximas superan os 1100 m de altutude na confluencia cos montes en man común da Fraga e Corvelle na Pena das Cruces ou Forno do Mión.

Relixión editar

En canto á demarcación territorial relixiosa, atópase incluída na parroquia de Santa María, que está formada tamén pola aldea próxima de Corvelle. A patroa de Pereira é Santa María Magdalena, da que se celebra a festa na primeira semana de agosto. Ademais ten santa Bárbara e santo Antón como patróns.

Até o século XIX contou cunha cofraría da Madanela e até o ano 1892 Pereira formaba parte da parroquia de san Pedro de Bande. Ademais en tempos antigos Pereira foi tamén importante por pardieiros asentadas na zona de Casa de Frades e Cacheverga que dependeron do mosteiro de Celanova e cuxa relación coa aldea lindeira de Seoane foi moi importante tamén polo priorato que alí houbo até o século XV, cando este centro de relixiosidade foi trasladado a Bande, onde xa existía un templo primitivo.

Arredor da capela da Madanela en Pereira foron soterradas persoas e no adro existiron dous carballos seculares, talados na década de 1920.

Patrimonio editar

Sobresaen numerosos conxuntos tumularios no monte comunal de Pereira, como poden ser os da Chan, Fonte da Ra ou Pedrouces, así como o restos de orixe romana de Cachiverga e casa de Frades.

Destaca o retablo da capela de Santa María Magdalena de Pereira, así coma tamén o cruceiro de Santa María e a igrexa, a 1,5 km de Pereira en dirección a Corvelle.

Ademais destacan as súas tradicións e festas, así como a cantidade de muíños polas beiras do río Cadós, fervenzas, pozas e praias entre fragas de vexetación autóctona.

Ten conxuntos importantes de casas de patín de planta circular, antigamente todas de teito de colmo, destacables canastros ou espigueiros, bolos en paramentos e muros de vivendas. Tamén o patrimonio natural e a fauna son de valor salientable, en concreto destaca un conxunto de picaloureiros único na comarca.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Corvelle editar

Lugares da parroquia de Corvelle no concello de Bande na Provincia de Ourense

Corvelle | Pereira

Parroquias de Bande editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Bande

Bande (San Pedro) | Os Baños (San Xoán) | Cadós (Santiago) | Calvos (Santiago) | Carpazás (San Pedro) | Corvelle (Santa María) | Garabelos (San Xoán) | Güín (Santiago) | Nigueiroá (Santiago) | O Ribeiro (San Pedro Fiz) | Santa Comba (San Trocado) | Vilar (San Pedro Fiz)

Notas editar

  1. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2012. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia - Bande – Corvelle" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 3 de decembro de 2012.