Corvelle, Bande

parroquia civil do concello de Bande

A parroquia de Santa María de Corvelle é a segunda máis ampla en extensión dentro do termo municipal de Bande. Componse das poboacións de Pereira e Corvelle. En 2011 tiña 164 habitantes (87 homes e 77 mulleres).

Corvelle
Capela de Santo Isidro
ConcelloBande[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°02′58″N 8°00′37″O / 42.04949111, -8.01037963
Poboación164 hab. (2011)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

Pereira atópase a 810 metros de altitude e Corvelle a 930 metros. Pereira acolle como patroa a Santa María Magdalena, que ten unha fermosa capela no centro da aldea. Pereira conserva o forno tradicional de cocer pan no centro da aldea, numerosas fontes e ruta de sendeirismo ata Castro Laboreiro, así como a pesca da troita do río Cadós que se estende dende a Ponte Pereira ata o encoro das Conchas.

Xeografía

editar

O río Cadós nace no monte comunal da aldea de Corvelle, transcorre á beira de propiedades privadas de veciños de Pereira así como por parte de monte comunal (como testemuñan antigos escritos que se atopan en propiedade e poder da pedanía e comunidade de veciños da aldea xa citada); o río Cadós segue o seu transcurso pola ponte Pereira, chamada así a zona onde se sitúa o límite superior do coto de pesca do río Cadós, segue o río por Cadós e Buxán, ata morrer no encoro das Conchas.

Festas

editar

Pereira celebra as súas festas a primeira semana de agosto ó pé da capela de Santa María Magdalena e da casa do pobo. Ademais Pereira ten santo Antón e santa Bárbara como patróns (consérvase a festa de santa Bárbara na ponte da Constitución). Tamén é sede da Festa do pan da Baixa Lima que se celebra no seu forno comunal.

Corvelle celebra as súas festas de santa María (patroa da parroquia) os días 15 e 16 de agosto así como as de santo Isidro (15 de maio) e santo Antón (primeiros de febreiro).

editar
  • Adios, Calvos e Corvelle,/ adios, Taboazas i a Fraga,/ adios, Quintas de Lubeira,/ adios, demos de Parada [2].
  • As mociñas de Corvelle/ son pequenas e redondas;/ que vivan as de Facós,/ que son longuiñas e longas! [3].
  • Viva Calvos e Corvelle,/ viva Parada i a Fraga,/ viva Quintas de Lubeira,/ mozas, as de Santa Baia [4].

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Corvelle

editar
Lugares da parroquia de Corvelle no concello de Bande na Provincia de Ourense

Corvelle | Pereira

Parroquias de Bande

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Bande

Bande (San Pedro) | Os Baños (San Xoán) | Cadós (Santiago) | Calvos (Santiago) | Carpazás (San Pedro) | Corvelle (Santa María) | Garabelos (San Xoán) | Güín (Santiago) | Nigueiroá (Santiago) | O Ribeiro (San Pedro Fiz) | Santa Comba (San Trocado) | Vilar (San Pedro Fiz)


  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle, parroquias do concello de Bande; Taboazas é lugar da parroquia de Santa Eufemia de Parada, concello de Lobeira; San Bartolomeu da Fraga, parroquia do concello de Lobeira; As Quintas, lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, do mesmo concello; [[Parada, Lobeira|Parada]}], parroquia do mesmo concello.
  3. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. No orixinal: Corbelle. Santa María de Corvelle é unha parroquia do concello de Bande; Facós é un lugar da parroquia de Lobeira no concello de Lobeira. Ambos lugares están próximos pero non lindeiros.
  4. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle son parroquias do concello de Bande; Santa Eufemia de Parada e San Bartolomeu da Fraga son parroquias do concello de Lobeira; As Quintas e Santa Baia, dous lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar