Santa Comba, Bande

parroquia civil do concello de Bande

San Trocado de Santa Comba é unha parroquia do concello de Bande, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 201 habitantes, dos cales 93 eran homes e 108 mulleres.

Santa Comba
Igrexa parroquial.
ConcelloBande[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°58′24″N 8°00′03″O / 41.9732131, -8.00094095Coordenadas: 41°58′24″N 8°00′03″O / 41.9732131, -8.00094095
Poboación133 hab. (2017)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

Nesta parroquia atópase a igrexa de Santa Comba de Bande, da segunda metade do século VII.

Santa Comba na literatura popular editar

  • Á entrada de Forcadas/ por ti parei perguntando:/ dixeron que estabas bo/ por eso veño cantando [2].
  • Chabacana de Forcadas,/ anque te laves e laves/ eres negra de nación/ e pouquerrichiño vales [3].
  • Chabacanas en Forcadas/ e cañotas na Nogueira;/ o que queira boas mozas/ veña as buscar a Loubeira [4].
  • En Quintela hai boas mozas/ e no Pazo nada delas,/ en Santa Baia carnochas,/ ninguén quer cargar con elas [5]
  • Eu esquirbinche unha carta/ na ala dunha paloma:/ lévalle moitas lembranzas/ ás mozas de Santa Comba [6]
  • O lugarciño dos Chaus/ heino de fundir a tiros:/ as balas han de ser ouro/ i as municiós de sospiros [7].
  • Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras [8].
  • Teño un amor na montaña,/ en Forcadas teño sete;/ a ti heicho da-lo si/ cando non veñas peneque [9].

Galería de imaxes editar

Vexa máis fotos desta igrexa na Galería de imaxes de Bande

Lugares e parroquias editar

Lugares de Santa Comba editar

Lugares da parroquia de Santa Comba no concello de Bande na Provincia de Ourense

As Forcadas | Mexide | O Pazo | Porto Quintela | Quintela | Santa Comba

Parroquias de Bande editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Bande

Bande (San Pedro) | Os Baños (San Xoán) | Cadós (Santiago) | Calvos (Santiago) | Carpazás (San Pedro) | Corvelle (Santa María) | Garabelos (San Xoán) | Güín (Santiago) | Nigueiroá (Santiago) | O Ribeiro (San Pedro Fiz) | Santa Comba (San Trocado) | Vilar (San Pedro Fiz)


Notas editar

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 31). As Forcadas, lugar da parroquia de San Trocado de Santa Comba, concello de Bande.
  3. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 61. No orixinal: Farcadas. As Forcadas, lugar da parroquia de Santa Comba, Bande.
  4. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 62). As Forcadas, lugar da parroquia de Santa Comba, concello de Bande; Nogueira é lugar da parroquia de Monte Longo, no concello de Lobeira.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 74. Quintela pode ser lugar das parroquias de Santa Comba ou do Ribeiro, no concello de Bande; Santa Baia é lugar de San Vicente de Lobeira, no concello de Lobeira.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 81. No orixinal: de unha. Hai unha Santa Comba en Bande e outra en Lobeira. Non sabemos a cal das dúas se referirá a cantiga.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119. Chaos é lugar da parroquia de San Trocado de Santa Comba, no concello de Lobeira; Xaquín Lorenzo di que tamén pode referirse a un lugar chamado Chaus da Limia, en San Trocado de Santa Comba, parroquia do concello de Bande, pero este segundo non consta no Nomenclátor.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141. San Trocado de Santa Comba é parroquia do concello de Bande; Lubeira enténdese que é a parroquia de San Vicente de Lobeira; Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, en Bande; Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 151. No orixinal: dalo, sí. As Forcadas é lugar da parroquia de Santa Comba, no concello de Bande.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar