Cadós, Bande

parroquia civil do concello de Bande

Santiago de Cadós é unha parroquia do concello de Bande, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. En 2007 tiña 96 habitantes (50 homes e 46 mulleres).

Cadós
ConcelloBande[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°01′20″N 8°31′07″O / 42.02222222, -8.51861111
Poboación53 hab. (2017)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
Cabeza de Rubiás.

No lugar de Rubiás existe un castro no que se atoparon, entre outros elementos, unha cabeza de guerreiro, exposta no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

editar
  • Hei de faguer unha ponte/ de peras e de mazás/ pra pasearen os mozos/ de Lubeira a Rubiás [2].
  • Moreniña, moreniña,/ moreniña de Cadós,/ dame o teu amor, morena,/ xa que cho pido por Dios [3].
  • Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras [4].
  • Vexo Sarreaus, vexo Bande,/ tamén vexo Recarei,/ vexo Calvos, vexo a Granxa,/ terriña onde me eu criei [5].

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Cadós

editar
Lugares da parroquia de Cadós no concello de Bande na Provincia de Ourense

Cadós | Cima de Vila | A Granxa | Pazos | Ponte Cadós | Pumares | Rubiás | O Souto

Parroquias de Bande

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Bande

Bande (San Pedro) | Os Baños (San Xoán) | Cadós (Santiago) | Calvos (Santiago) | Carpazás (San Pedro) | Corvelle (Santa María) | Garabelos (San Xoán) | Güín (Santiago) | Nigueiroá (Santiago) | O Ribeiro (San Pedro Fiz) | Santa Comba (San Trocado) | Vilar (San Pedro Fiz)

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88'). Rubiás é lugar da parroquia de San Pedro de Cadós, no concello de Bande. Xaquín Lorenzo engade que non hai río nin regato entre as dúas localidades.
  3. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 105. Santiago de Cadós é unha parroquia do concello de Bande.
  4. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141. San Trocado de Santa Comba é parroquia do concello de Bande; Lubeira enténdese que é a parroquia de San Vicente de Lobeira; Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, en Bande; Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161. Sarreaus, Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; A Granxa pertence á parroquia de Santiago de Cadós; e Santiago de Calvos é unha parroquia propia, todos eles no concello de Bande.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar