Grou, Lobios
parroquia civil do concello de Lobios
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Grou.
San Mamede de Grou é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. Tiña 226 habitantes no ano 2022 segundo datos do INE[2] e do IGE[3], dos cales 107 eran homes e 119 mulleres.
San Mamede de Grou | |
---|---|
Concello | Lobios[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°57′08″N 8°02′33″O / 41.95227778, -8.04244444 |
Poboación | 226 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 24[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Grou na literatura popular
editar- Aquela que elí vendes/ ten un baille que dá risa;/ évos do lugar das Quintas/ e ándavos sen camisa [4].
- Fun ó San Lorenzo ás Quintas/ i a Santa Eufemia a Parada:/ as mociñas de Requeixo/ son as que botan a vaia [5].
- Hai unha mociña en Grou/ con tanto garbo e salero/ que cando vai paseando/ casque parez un torero [6].
- No lugarciño das Quintas/ amores hei de tomar,/ á entrada ou á saída/ ou no medio do lugar [7].
- Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras [8].
- Se che perguntan de onde es/ contéstalle en alta voz:/ Somos os mozos de Grou,/ solo temos medo a Dios [9].
- Viva Bande, viva Bande,/ viva tamén Recarei,/ viva o lugar de Silvares/ que foi onde me eu criei [10].
Lugares e parroquias
editarLugares de San Mamede de Grou
editarLugares da parroquia de Grou no concello de Lobios na provincia de Ourense | |
---|---|
A Carreira | Casal do Souto | Casardecima | Casardomato | Cimadevila | Coloño | O Corgo | A Cruz | O Eido | Ferreiros | Ferreiros de Alén | Foz | Marás | Pazos | Pedrosa | Pousa | As Quintas | A Rasela | Reguengo | Requeixo | A Rúa | Silvares | O Souto | Terradas |
Parroquias de Lobios
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ "Instituto Nacional de Estadística. (Spanish Statistical Institute)". www.ine.es. Consultado o 2022-04-09.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2022. Consultado o 2022-04-09.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 44. Hai dous lugares chamados As Quintas ós que pode referirise esta cantiga: un pertence á parroquia de San Vicente de Lobeira (Lobeira) e outro a San Mamede de Grou, en Lobios.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 85). Botar a vaia é botar un desafío. As Quintas será o lugar da parroquia e concello de Lobeira, aínda que hai máis; Santa Eufemia de Parada é unha parroquia do mesmo concello; Requeixo pode ser lugar de San Mamede de Grou ou de Araúxo, dúas parroquias do concello de Lobios.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 87). No se pode saber a que Grou se refire: en Lobeira hai dúas parroquias con ese nome (San Martiño de Grou e Santa Cruz de Grou) e outras dúas en Lobios (San Martiño de Grou e San Mamede de Grou.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 109. Hai dous lugares chamados As Quintas ós que pode referirise esta cantiga: un pertence á parroquia de San Vicente de Lobeira (Lobeira) e outro a San Mamede de Grou (Lobios).
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141. San Trocado de Santa Comba é parroquia do concello de Bande; Lubeira enténdese que é a parroquia de San Vicente de Lobeira; Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, en Bande; Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 142. Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; Silvares é lugar de San Mamede de Grou, Lobios.