Parada, Lobeira
parroquia civil do concello de Lobeira
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Parada.
Santa Eufemia de Parada é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 103 habitantes, dos cales 49 eran homes e 54 mulleres.
Parada | |
---|---|
Concello | Lobeira[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°00′42″N 8°02′19″O / 42.01166667, -8.03861111 |
Poboación | 38 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Parada na literatura popular
editar- Adios, Calvos e Corvelle,/ adios, Taboazas i a Fraga,/ adios, Quintas de Lubeira,/ adios, demos de Parada [2].
- Fun ó San Lorenzo ás Quintas/ i a Santa Eufemia a Parada:/ as mociñas de Requeixo/ son as que botan a vaia [3].
- Hei de ir ao San Roque a Lobios/ i á Santa Eufemia a Parada,/ que as mociñas de Lubeira/ son as da chave dourada [4].
- O San Lorenzo nas Quintas/ i a Santa Eufemia en Parada;/ as mociñas de Facós/ son as da chave dourada [5].
- Viva Calvos e Corvelle,/ viva Parada i a Fraga,/ viva Quintas de Lubeira,/ mozas, as de Santa Baia [6].
Lugares e parroquias
editarLugares de Parada
editarLugares da parroquia de Parada no concello de Lobeira (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Lobeira
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle, parroquias do concello de Bande; Taboazas é lugar da parroquia de Santa Eufemia de Parada, concello de Lobeira; San Bartolomeu da Fraga, parroquia do concello de Lobeira; As Quintas, lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, do mesmo concello; Parada, parroquia do mesmo concello.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 85). Botar a vaia é botar un desafío. As Quintas será o lugar da parroquia e concello de Lobeira, aínda que hai máis; Santa Eufemia de Parada é unha parroquia do mesmo concello; Requeixo pode ser lugar de San Mamede de Grou ou de Araúxo, dúas parroquias do concello de Lobios.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88. No orixinal: Lovios. Xaquín Lorenzo explica que son as festas de Lobios (aínda que a parroquia está baixo a advocación de San Miguel) e de Parada (do Monte), esta no concello de Lobeira. As festas son o 17 de agosto e o 16 de xullo, respectivamente.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 124. As Quintas é lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira (Lobeira); Santa Eufemia de Parada é parroquia do concello de Lobeira; e Facós é un lugar da parroquia e concello de Lobeira.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle son parroquias do concello de Bande; Santa Eufemia de Parada e San Bartolomeu da Fraga son parroquias do concello de Lobeira; As Quintas e Santa Baia, dous lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira.