San Martiño de Grou, Lobeira
parroquia civil do concello de Lobeira
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Grou.
San Martiño de Grou é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Lobeira. Segundo o IGE[2] en 2021 tiña 9 habitantes (4 homes e 5 mulleres) establecidos nunha única entidade de poboación[3], o lugar de Cabaleiros. Este lugar xunto co do Valoiro da parroquia homónima do concello de Lobios, forman a parroquia eclesiástica de San Martiño de Grou do arciprestado da Baixa Limia da diocese de Ourense.
San Martiño de Grou | |
---|---|
Concello | Lobeira[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°56′49″N 8°03′04″O / 41.94688859, -8.05111852 |
Poboación | 10 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño na literatura popular
editar- O lugar de Cabaleiros/ é un lugar moi sombrizo;/ prenden os amores nil/ coma o salgueiro no río [4].
Lugares e parroquias
editarLugares de San Martiño de Grou
editarLugares da parroquia de San Martiño de Grou no concello de Lobeira (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Lobeira
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2022. Consultado o 2022-04-09.
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa".
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119. Cabaleiros é o único lugar da parroquia de San Martiño de Grou, no concello de Lobeira. Porén, Xaquín Lorenzo afirma que é o nome que recibe a terra onde asenta a parroquia, formada polos lugares de Valdoi, Paraño, Mosteiro e Valoiro. Hoxe os tres primeiros lugares xa non existen (na Limia Baixa) e O Valoiro é lugar da parroquia de San Martiño de Grou de Lobios.