A Fraga, Lobeira
parroquia civil do concello de Lobeira
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Fraga.
San Bartolomeu da Fraga é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2020 tiña 35 habitantes, dos cales 20 eran homes e 15 mulleres.
A Fraga | |
---|---|
Singular canastro da Fraga | |
Concello | Lobeira[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°01′54″N 8°03′22″O / 42.03155556, -8.056Coordenadas: 42°01′54″N 8°03′22″O / 42.03155556, -8.056 |
Poboación | 38 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Fraga na literatura popular
editar- Adios, Calvos e Corvelle,/ adios, Taboazas i a Fraga,/ adios, Quintas de Lubeira,/ adios, demos de Parada [2].
- Mala morte mate ós homes/ i o pirmeiro sea o meu;/ o día que me il morrer/ vou ó San Bartolomeu [3].
- Por ir ao baille/ da Ramallosa,/ por ir ao baille/ perdín a moza [4].
- Viva Calvos e Corvelle,/ viva Parada i a Fraga,/ viva Quintas de Lubeira,/ mozas, as de Santa Baia [5].
- Viva Pereira e a Fraga, viva Parada tamén, as mociñas no sobrado bailan que bailan ben.
Lugares e parroquias
editarLugares da Fraga
editarLugares da parroquia da Fraga no concello de Lobeira (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Lobeira
editarGalería
editar-
Canastro na Fraga
-
Igrexa de San Bartolomeu da Fraga
-
Ovellas na Fraga
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle, parroquias do concello de Bande; Taboazas é lugar da parroquia de Santa Eufemia de Parada, concello de Lobeira; San Bartolomeu da Fraga, parroquia do concello de Lobeira; As Quintas, lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, do mesmo concello; Parada, parroquia do mesmo concello.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 92. No orixinal: dia, íl. San Bartolomeu da Fraga é unha parroquia do concello de Lobeira, que celebra a festa o 24 de agosto.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 134). Pode referirse a unha Ramallosa da Limia que era un anaco de monte preto de San Bartolomeu da Fraga (parroquia do concello de Lobeira), onde xa Xaquín Lorenzo só sitúa as ruínas de vellas cabanas de pastores. Supón máis probable que se trate dunha cantiga importada.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle son parroquias do concello de Bande; Santa Eufemia de Parada e San Bartolomeu da Fraga son parroquias do concello de Lobeira; As Quintas e Santa Baia, dous lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira.