Santa Comba, Lobeira
parroquia civil do concello de Lobeira
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Santa Comba.
San Trocado de Santa Comba é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 62 habitantes, dos cales 27 eran homes e 35 mulleres.
Santa Comba | |
---|---|
Concello | Lobeira[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°58′25″N 8°00′14″O / 41.97358333, -8.004 |
Poboación | 49 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Comba na literatura popular
editar- Dos Chaus a Facós/ todo é parola:/ elí está tocando/ o gaiteiro a viola [2].
- Eu esquirbinche unha carta/ na ala dunha paloma:/ lévalle moitas lembranzas/ ás mozas de Santa Comba [3].
- No lugar de Fradalvite/ amores hei de tomar/ ou na entrada ou na saída/ ou no medio de lugar [4].
- No lugar de Fradalvite/ non entra carro ferrado/ se non o trai Elisiña/ co burriño polo rabo [5].
- O lugarciño dos Chaus/ heino de fundir a tiros:/ as balas han de ser ouro/ i as municiós de sospiros [6].
Lugares e parroquias
editarLugares de Santa Comba
editarLugares da parroquia de Santa Comba no concello de Lobeira (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Lobeira
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72). Chaos é lugar da parroquia de Santa Comba, no concello de Lobeira; Facós é lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, do mesmo concello.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 81. No orixinal: de unha. Hai unha Santa Comba en Bande e outra en Lobeira. Non sabemos a cal das dúas se referirá a cantiga.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 109. No orixinal: salida. Fradalvite é un lugar da parroquia de San Trocado de Santa Comba, no concello de Lobeira, parroquia dividida polo límite de dous concellos (Lobeira e Bande). Non obstante, Xaquín Lorenzo di que é “lugar da parroquia de San Martiño de Grou” (px. 289).
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 109. No orixinal: nono.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119. Chaos é lugar da parroquia de San Trocado de Santa Comba, no concello de Lobeira; Xaquín Lorenzo di que tamén pode referirse a un lugar chamado Chaus da Limia, en San Trocado de Santa Comba, parroquia do concello de Bande, pero este segundo non consta no Nomenclátor.