Antonio de Padua
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2020.) |
Santo Antonio de Lisboa ou santo Antonio de Padua, nado en Lisboa o 15 de agosto de 1195 e finado en Padua o 13 de xuño de 1231, foi un relixioso portugués, considerado santo pola Igrexa católica romana, festexado o día 13 de xuño. Foi un dos doutores da Igrexa.
Nome orixinal | (la) Antonius Patavinus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (la) Fernandus 15 de agosto de 1195 Lisboa, Portugal |
Morte | 13 de xuño de 1231 (35 anos) Padua, Italia |
Lugar de sepultura | Basílica de Santo Antonio de Padua Tomb of St. Anthony (en) |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, predicador |
Orde relixiosa | Orde Franciscana |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 13 de xuño |
Símbolo iconográfico | Lilium candidum e neno Xesús |
Patrón de | Enfermidade celíaca |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarNaceu en Lisboa, nunha familia nobre, aprendeu as disciplinas de Agostiño de Hipona antes de entrar nos franciscanos. Foi de misioneiro a Marrocos pero tivo que ser repatriado en 1221 por problemas de saúde. Viviu un ano nunha cova. Aprendeu e ensinou teoloxía en Italia, principalmente en Bologna, despois estableceuse no sur de Francia. Fundou un mosteiro en Brive, onde fixo numerosas conversións. De volta en Italia, sobre o 1227, foi enviado a Padua. Foi canonizado polo papa Gregorio IX un ano despois da súa morte.
O culto a santo Antonio de Padua espállase sobre todo nos século XV e XVI. Converteuse no santo patrón de Portugal, dende onde os exploradores o deron a coñecer ó mundo enteiro. É tamén o patrón dos mariñeiros, dos náufragos e dos prisioneiros.
A partir do século XVII, santo Antonio de Padua é igualmente invocado para atopar os obxectos perdidos, despois para recuperar a saúde, e ó final, para que se cumpra un desexo. A idea de invocar a santo Antonio para atopar obxectos perdidos vén do feito de que un ladrón que lle roubara os seus comentarios sobre os salmos viuse obrigado a devolverllos.
Numerosos episodios sobrenaturais sonlle atribuídos, como ter durante unha noite o Neno Xesús no colo.
Representacións artísticas
editarNa Idade Media, as representacións de Santo Antonio de Lisboa son bastante raras, pero vólvense correntes a partir do século XIV. As máis das igrexas contan hoxe cunha estatua deste santo. É xeralmente representado como un home vestido co hábito franciscano atado por un cordel de tres nós.
Represéntase a miúdo predicando ás xentes ou ós peixes, en conversa con San Francisco, guerreando cos malvados, poñendo no seu sitio a perna dun home que a cortara en signo de penitencia, facendo axeonllarse unha burra diante da Sagrada Forma para convencer a un xudeu que dubidaba da presenza de Deus nesta oblea, ou aínda asistindo á aparición da Virxe e do Neno Xesús (sentado ou de pé sobre un libro).
Os seus principais atributos son o hábito franciscano, o Neno Xesús, unha burra, un libro, peixes, un corazón en chamas...
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio de Padua |