Gregorio IX, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Gregorio IX, nado en Anagni cara ao 1170 e finado en Roma o 22 de agosto de 1241, foi o Papa nº 178 da Igrexa católica.
(1270) | |
Nome orixinal | (la) Gregorius PP. IX |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século XII Anagni (Estados Pontificios) |
Morte | 22 de agosto de 1241 Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
178º Papa | |
26 de marzo de 1227 – 22 de agosto de 1241 (Gregoriano) ← Honorio III – Celestino IV → | |
Decano do Colexio dos Cardeais | |
1219 (Gregoriano) – 26 de marzo de 1227 ← Nicola de Romanis (pt) – Paio Galvão (pt) → | |
Cardeal bispo de Ostia Ostia Antica | |
1206 (Gregoriano) – 1227 (Gregoriano) ← Ottaviano di Paoli – Alexandre IV → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Boloña |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Alumnos | João de Abbeville (pt) |
Carreira militar | |
Conflito | Sexta Cruzada (pt) |
Orde relixiosa | Orde Franciscana |
Familia | |
Pai | Tristeno Conti di Segni |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarDe nome Ugolino di Conti, era sobriño do papa Inocencio III, que o foi nomeando sucesivamente capelán papal, arcipreste de San Pedro, cardeal diácono de San Eustaquio en 1198, e cardeal bispo de Ostia e Velletri en 1206.
En 1207 Inocencio III enviouno como legado a Alemaña coa misión de mediar na disputa sucesoria que xurdiu a raíz da morte de Henrique VI.
En 1217, baixo o pontificado de Honorio III, exerceu como delegado plenipotenciario para Lombardía e Toscana, onde predicou a Sexta Cruzada.
Elixido papa o 21 de marzo de 1227, tras renunciar á tiara o cardeal Conrado de Urach, elixido como primeira opción, adoptou o nome de Gregorio IX.
Enfrontamento co Sacro Imperio
editarA súa primeira medida como Pontífice foi a excomuñón do emperador Frederico II polas continuas demoras na súa participación na Sexta Cruzada. Esta excomuñón fixo que os partidarios do emperador se alzasen contra Gregorio, obrigándoo a abandonar Roma para refuxiarse en Viterbo e posteriormente en Perugia.
Frederico II decidiu entón, para probar a inxustiza da súa excomuñón, dirixirse a Terra Santa, partindo sen a bendición papal en 1228, á fronte dun reducido exército que, porén, logrou conquistar a illa de Chipre e facerse en 1229, mediante un acordo diplomático, con Xerusalén, Belén e Nazaret.
Gregorio IX non respondeu coa absolución de Frederico, senón que declarou que as accións do emperador en Terra Santa non podían cualificarse como guerra santa ó continuar excomungado, e procedeu a liberar os cruzados do voto de obediencia ó emperador, que se viu obrigado a regresar ó saber que o Papa, xunto á Liga Lombarda, estaba invadindo o seu reino de Sicilia.
Tras desembarcar en Brindisi, Frederico logrou derrotar ás forzas pontificias e lombardas, expulsándoas dos territorios imperiais e firmando en 1230 a Paz de San Xermano, pola que a cambio de que o Papa revogase a súa excomuñón, o emperador aseguraba á Igrexa as súas posesións territoriais.
Porén, esta paz foi moi efémera, xa que coas formas de concibir o papado e o pontificado por Gregorio e por Frederico, un novo enfrontamento era ineludible. Así, cando en 1237 as tropas imperiais derrotaron á liga lombarda na Batalla de Cortenova, o Papa encontrou a escusa para volver a excomungar novamente a Frederico II en 1239.
Inmediatamente ordenou unha cruzada contra o emperador, intentou infrutuosamente que os príncipes alemáns elixisen un novo rei e convocou un concilio en Roma para celebralo en 1241.
Frederico anunciou pola súa parte a súa oposición total á celebración dun concilio que, convocado polo Papa, non tiña outra motivación que a da súa deposición e substitución, polo que ordenou ás súas tropas que apresasen a tódolos que viaxasen a Roma coa intención de participar no mesmo.
A detención e encarceramento de máis de cen clérigos impediu a celebración do sínodo e, pouco despois, o 22 de agosto de 1241, faleceu Gregorio IX.
Outras obras
editarGregorio IX, mediante a publicación en 1231 da bula Excommunicamus, estableceu formalmente o tribunal da Inquisición, facéndoa depender directamente do pontífice, nomeando ós dominicos como inquisidores e establecendo que os herexes fosen entregados ó brazo secular para o seu castigo.
Canonizou a Francisco de Asís o 16 de xullo de 1228, a Antonio de Padua en maio de 1232 e a Domingos de Guzmán o 8 de xullo de 1234.
As profecías de San Malaquías refírense a el como Avis ostiensis (A ave de Ostia), facendo referencia ó feito de que foi cardeal de Ostia antes da súa elección como pontífice, e a que no seu escudo de armas aparece unha ave.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pietro Balan, Storia di Gregorio IX e suoi tempi 3 volumes (Modena 1873).
- Joseph Felten, Papst Gregor IX. (Freiburg i.B. 1886).
- Guido Levi, Registri dei Cardinali Ugolino d' Ostia e Ottaviano degli Ubaldini (Roma 1890).
- Iben Fonnesberg‐Schmidt, The Popes and the Baltic Crusades 1147–1254 (Leiden, Brill. 2007) (The Northern World, 26).
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gregorio IX, papa |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |