Randín, Calvos de Randín

parroquia civil do concello de Calvos de Randín

Coordenadas: 41°53′20″N 07°52′29″O / 41.88889, -7.87472

San Xoán de Randín é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 254 habitantes (128 homes e 126 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.

Randín
Capela de Santo Antón de Randín.jpg
Capela de Santo Antón de Randín
ConcelloCalvos de Randín[1]
ProvinciaOurense
Poboación175 hab. (2017)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

No seu termo áchase o Castelo da Picoña.

HistoriaEditar

Na parroquia tivo lugar o 22 de febreiro de 1944 o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.

Randín na literatura popularEditar

  • Do outro lado do río/ sentín chorar e cantei:/ Santa Lucía en Vileriño,/ San Antonio en Recarei [2].

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de RandínEditar

Lugares da parroquia de Randín no concello de Calvos de Randín (Ourense)

Paradela | Randín | Vilar | Vilariño

Parroquias de Calvos de RandínEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Calvos de Randín

Calvos (Santiago) | Castelaus (San Martiño) | Feás (San Miguel) | Golpellás (San Xoán) | Lobás (San Vicente) | Randín (San Xoán) | Rioseco (Santa Mariña) | Rubiás dos Mixtos (Santiago) | Vila (Santa María)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: cantén. Vileriño será localismo por Vilariño, que en Ourense pode ser lugar da parroquia de San Xoán de Randín, no concello de Calvos de Randín; lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo, en Lobeira; ou San Xes de Vilariño, parroquia do mesmo concello. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar