Rubiás dos Mixtos, Calvos de Randín
Santiago de Rubiás dos Mixtos é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 162 habitantes (85 homes e 77 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano 2000.
Rubiás dos Mixtos | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Calvos de Randín[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°54′32″N 7°49′34″O / 41.909, -7.826 |
Poboación | 109 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A parroquia de Rubiás dos Mixtos xunto co lugar das Maus da parroquia de Tosende no concello de Baltar, conformaba ata 1864 o Couto Mixto.
Historia
editarEn 1868, coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864, o Couto Mixto foi incorporado ó concello de Baltar.[3] O lugar de Meaus integrouse na parroquia de Tosende, mais os lugares de Rubiás e Santiago pediron ser integrados no concello de Calvos de Randín, solicitude que foi aprobada pola Deputación de Ourense en 1870 e se fixo vixente o ano seguinte, constituíndo a parroquia de Rubiás dos Mixtos.[4]
Eclesiasticamente xa existía, aparecendo así no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz en 1849[2] ou no Censo de Ensenada de 1752.[5] De feito, cando se crearon os concellos en 1836, Santiago de Rubiás xa foi incluída no concello de Calvos de Randín.[6]
No ano 1985, a Xunta de Galicia estabeleceu «Rubiás dos Mistos» como forma oficial do topónimo. En troques, dez anos despois determinou que o nome oficial da parroquia fose «Rubiás dos Mixtos».[7]
Demografía
editarNo reconto de 1571, levado a cabo para o repartimento pola Coroa de Castela dos mouriscos expulsados de Granada, consta Rubiás con 48 veciños.[8] Os lugares de Rubiás e Santiago aparecen separados no Censo dos Bispos de 1587 sumando 95 veciños (35 e 60).[9] Xa no Censo de Ensenada de 1752 a parroquia ten 172 veciños.[5]
No Diccionario geográfico universal (1833) Rubiás e Santiago figuran con 415 e 612 habitantes respectivamente (1027 en total)[10] mentres no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (1849) atribúeselle á parroquia 300 veciños e 1500 habitantes.[2]
Século XIX-XX
editar1887[11] | 1900[12] | 1910[12] | 1920[12] | 1930[12] | 1940[12] | 1950[12] | 1960[12] | 1970[12] | 1981[12] | 1986[13] | 1991[12] | 1999[14] | 2000[15] | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Habitantes | 671 | 753 | 684 | 759 | 638 | 607 | 570 | 440 | 338 | 240 | 232 | 265 | 182 | 184 |
Censos (poboación de feito) Padrón municipal
Século XXI
editar2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
183 | 183 | 188 | 185 | 185 | 176 | 162 | 162 | 162 | 162 |
2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
174 | 149 | 142 | 140 | 124 | 119 | 109 | |||
Fonte: IGE (padrón municipal)[16] |
Gráfica de evolución demográfica de Rubiás dos Mixtos entre 1887 e 2017 |
Poboación de feito segundo os censos de poboación. Poboación segundo o padrón municipal. |
Lugares e parroquias
editarLugares de Rubiás dos Mixtos
editarLugares da parroquia de Rubiás dos Mixtos no concello de Calvos de Randín (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Calvos de Randín
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Madoz, Pascual (1849). Rubiás (Santiago). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) XIII (Madrid). p. 585.
- ↑ García Mañá, Luís Manuel (xullo/decembro 2001). "Couto Mixto, unha república esquecida". IGADI. Arquivado dende o orixinal o 16-03-2012. Consultado o 4-6-2016.
- ↑ "Couto Mixto". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 2002. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2012. Consultado o 10 de xaneiro de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). II: Nomenclatores. Madrid: INE. 2016 [1993]. p. 174. ISBN 978-84-260-2716-0.
- ↑ Fariña Jamardo, Xosé (1990). Os concellos galegos. Fundación Barrié. p. 132. ISBN 978-84-87819-06-3.
- ↑ "DECRETO 128/1995, do 20 de abril, polo que se modifica parcialmente o Decreto 232/1985, do 31 de outubro, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias que se relacionan". Diario Oficial de Galicia (Xunta de Galicia) (92): 3588. Luns, 15 de maio de 1995.
- ↑ González Muñoz, M.ª del Carmen (1982). Galicia en 1571: Población y economía (en castelán). Sada: Ediciós do Castro. pp. 220, 293. ISBN 84-7492-151-1.
- ↑ González, Tomás (1829). Censo de poblacion de las provincias y partidos de la corona de Castilla en el siglo XVI (en castelán). Madrid. p. 275. «Sta. María de Rubiás» e «Santiago de Rubiás».
- ↑ Rubias (Santa Maria de), Rubias de los Mistos (Santiago de). Diccionario geográfico universal (en castelán) VIII (Barcelona). 1833. p. 351.
- ↑ "Provincia de Orense". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán). VI: Orense á Pontevedra. Madrid. 1893. p. 20.
- ↑ 12,00 12,01 12,02 12,03 12,04 12,05 12,06 12,07 12,08 12,09 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 238. ISBN 978-84-605-3156-2.
- ↑ Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 95. ISBN 978-84-7191-529-0.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2019.
- ↑ Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019; "2002", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019; "2003" (XLS); "2004", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019; "2005", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019; "2006" (XLS); "2007", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019; "2008", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019; "2009", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019; "2010", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019; "2011", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019; "2012", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019; "2013", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019; "2014", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019; "2015", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019; "2016", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019 e "2017", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019. Instituto Galego de Estatística (IGE).