Tosende, Baltar

parroquia civil do concello de Baltar

San Lourenzo de Tosende é unha parroquia do concello de Baltar na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 112 habitantes, deles 58 eran homes e 54 eran mulleres, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.

Tosende
Igrexa parroquial
ConcelloBaltar[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°55′51″N 7°48′14″O / 41.93083333, -7.80388889Coordenadas: 41°55′51″N 7°48′14″O / 41.93083333, -7.80388889
Poboación94 hab. (2017)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

A igrexa parroquial é do século XVIII. Ao seu redor hai nichos, recolocados logo dunhas obras en 2011[2].

Hai un peto de ánimas de 1853, a carón da estrada OU-311. Está estruturado en dous corpos e asentado sobre dúas bancadas. O corpo inferior ten forma de pedestal con plinto e un touro no zócolo, cornixa en gola e dado con inscrición do ano e a expensas de quen se fixo. O corpo superior está rodeado por un bocel e ten fornela de medio punto. A cornixa repousa sobre un arquitrabe intermedio, resaltando os volumes. Na coroa hai o pedestal dunha cruz.

O lugar das Maus pertenceu ao Couto Mixto até 1864. Nel hai unha capela.

Tosende na literatura popular editar

  • Blandeaivos, blandeaivos,/ costureiriñas das Maus,/ blandeaivos, blandeaivos/ de Gustós para Meaus [3].

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Tosende editar

Lugares da parroquia de Tosende no concello de Baltar (Ourense)

As Maus | Tosende

Parroquias de Baltar editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Baltar

Abades (San Paio) | Baltar (San Bartolomeu) | Garabelos do Bouzo (Santiago) | Niñodaguia (San Lourenzo) | Texós (Santa María) | Tosende (San Lourenzo) | Vilamaior da Boullosa (Santa María)


Notas editar

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. "Levantadas lápidas antiguas sin supervisión de Patrimonio", artigo en El País, 14 de maio de 2011 (en castelán).
  3. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 53. Blandearse é combarse, alabearse a madeira do piso, dun moble, etc. As Maus de Salas é parroquia do concello de Muíños; Gustós era, segundo Xaquín Lorenzo “un lugarciño preto de Calvos de Randín”, aínda que hoxe non figura no Nomenclátor; e ese Meaus é lugar da parroquia de San Lourenzo de Tosende, no concello de Baltar, que figura no Nomenclátor como As Maus.