As Maus, Tosende, Baltar

lugar da parroquia de Tosende, no concello de Baltar

Coordenadas: 41°55′40.8″N 7°49′19.2″O / 41.928000, -7.822000

As Maus[1] ou Meaus[2] é un lugar da parroquia de Tosende no concello de Baltar. Tiña 35 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE[3] e do IGE[4], dos cales 16 eran homes e 19 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010 cando tiña 36 habitantes (18 homes e 18 mulleres). Segundo o INE no ano 2007 tiña 38 habitantes (19 homes e 19 mulleres), o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano 2000.

As Maus
Meaus.JPG
As Maus
ParroquiaTosende
ConcelloBaltar
Poboación35 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]

Xunto cos lugares de Rubiás e Santiago da parroquia de Rubiás dos Mixtos (concello de Calvos de Randín) conformaba ata 1864 o Couto Mixto.

ToponimiaEditar

O topónimo As Maus que aparece no Nomenclátor de Galicia é un erro, pois a forma popular e propia é Meaus.[2] O lugar tamén se coñecía como Meaus na época do Couto Mixto e así aparece en moita bibliografía sobre o tema.

A orixe dun topónimo As Maus habería que procurala nun xentilicio medieval derivado do río Asma, Asmanos. A reinterpretación como un artigo mais un substantivo, As Maus, testemúñase xa dende o século XIII[5].

NotasEditar

  1. "Nomenclátor de Galicia: Tosende (San Lourenzo)". Xunta de Galicia. 
  2. 2,0 2,1 Navaza, Gonzalo (2006). "Xentilicios na toponimia limiá". Lethes. Cadernos culturais do Limia (Xinzo de Limia) (7): 132–143, en 136.  Citado en Pérez Costas, Paula; Paül Carril, Valerià (inverno 2010-11). "Unha proposta de dinamización turística para o Couto Mixto". Lethes. Cadernos culturais do Limia (Xinzo de Limia) (10): 22–55, en 28. ISBN 978-84-937158-3-0. 
  3. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 15.novembro.2012. 
  4. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia - Baltar - Tosende" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 15.novembro.2012. 
  5. Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización" (PDF). Revista Galega de Filoloxía (12): 11–35. ISSN 1576-2661. 

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de TosendeEditar

Lugares da parroquia de Tosende no concello de Baltar (Ourense)

As Maus | Tosende

Parroquias de BaltarEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Baltar

Abades (San Paio) | Baltar (San Bartolomeu) | Garabelos do Bouzo (Santiago) | Niñodaguia (San Lourenzo) | Texós (Santa María) | Tosende (San Lourenzo) | Vilamaior da Boullosa (Santa María)

NotasEditar