Golpellás, Calvos de Randín
San Xoán de Golpellás é unha das nove parroquias do concello ourensán de Calvos de Randín. En 2017 tiña 33 habitantes (13 homes e 20 mulleres). Segundo o INE[2] e o IGE[3] 2011 tiña 47 habitantes (24 homes e 23 mulleres), catro máis ca en 2010 (23 homes e 20 mulleres). Na temporada estival aumenta a poboación.
Golpellás | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Calvos de Randín[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°58′52″N 7°53′09″O / 41.98098162, -7.88590301 |
Poboación | 33 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarSegundo o Nomenclátor de Galicia ten unha única entidade de poboación, Golpellás. As zonas do lugar son A Bouza, O Rego (na parte central da aldea, onde se sitúa a maior concentración humana), A Devesa, O Regalo e O Castiñeiro. Pola parroquia pasa o río Fírvida.
A parroquia conta con numerosas fontes e mananciais de auga entre os que destacan o Pozo do Regalo, o da Bouza, o do Esporón, e a Fonte das Moreiras. Conta tamén con distintas eiras, como a Aira da Bouza, Aira do Cano, Aira do Castiñeiro, Aira da Devesa e Aira do Mato[Cómpre referencia].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2012.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia - Calvos de Randín – Golpellás" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de decembro de 2012.
Lugares e parroquias
editarLugares de Golpellás
editarLugares da parroquia de Golpellás no concello de Calvos de Randín (Ourense) | |
---|---|