Accidente de Monteagudo
O accidente de Monteagudo foi un accidente de aviación que tivo lugar o 22 de febreiro de 1944 no concello de Calvos de Randín. O aparello accidentado era un Lockheed Hudson do No. 48 Squadron da Royal Air Force que voaba dende Xibraltar ata Inglaterra con outros 12 avións.
Accidente de Monteagudo | |
---|---|
Avión semellante ao accidentado
| |
Resumo | |
Data | 22 de febreiro de 1944 |
Causa | |
Lugar | Calvos de Randín |
Coordenadas | |
Orixe | RAF Gibraltar |
Destino | RAF Bircham Newton |
Finados | 6 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Lockheed Hudson |
Operador | Royal Air Force |
Tripulación | 6 |
O 48 Squadron levaba baseado en Xibraltar dende decembro de 1942, onde os seus Hudson realizaban tarefas de patrulla marítina no escenario do Mediterráneo. No día do accidente o escuadrón regresaba a Inglaterra para ser reequipado con Douglas Dakota e ser reconvertido nunha unidade de transporte que posteriormente participaría na operación Overlord.[1]
Durante esa mesma misión outro Hudson (EW906) esnafrouse na Serra da Estrela portuguesa, preto da localidade de Loriga, morrendo tamén todos os seus ocupantes.[2]
Accidente
editarO feito tivo lugar no marco da segunda guerra mundial, tres meses antes do Día D. Unha aeronave británica, un Lockheed Hudson (Hudson EW916)[3], transportaba artillaría desde Xibraltar cara a Londres. Na nave ían tres homes británicos, John William Simpson (31 anos), Ivor John Williams (33 anos) e George Benjamin Partt (22 anos), e tres canadenses, James Douglas Morgan (21 anos), Alexander Stalker (21 anos) e Alfred Ian Gregg (26 anos).[4][5] O piloto, que saíra despedido enganchado ao asento, foi parar a unhas matogueiras próximas. Morreron tódolos pasaxeiros.
O suceso tivo lugar ás 4 da mañá. Logo de rozar un monte no concello de Montalegre, aínda en territorio portugués, chocou contra o curuto de Monteagudo, preto dos lugares de Vilar e Vilariño, na parroquia de Randín, a 40 metros da fronteira co país luso. Logo do segundo impacto, arrastrouse 800 m pola ladeira norte, deixando un rastro de lume. Explotaron os tambores de balas e os explosivos que levaba a aeronave, manténdose o incendio durante seis horas.
Luís García Mañá narra o suceso na súa novela Por que as sombras non teñen ollos publicada en Xerais no ano 2015.
Notas
editar- ↑ "RAF - 48 Squadron". web.archive.org. 2016-06-09. Archived from the original on 09 de xuño de 2016. Consultado o 2022-01-24.
- ↑ "A Queda do avião em Loriga – 22-02-1944" (PDF) (en portugués). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16-12-2022. Consultado o 16 de decembro de 2022.
- ↑ Agustin Ruzafa (28 de febreiro de 2015). "Hudson EW916, 22/2/1944". Galicia y la Segunda Guerra Mundial (en castelán).
- ↑ "Hudson VI EW916 [Royal Air Force Aircraft Serial and Image Database]". RAFCommands. Consultado o 2022-01-23.
- ↑ "Canada's Air War 1944" (PDF). Bomber Command Museum of Canada. Consultado o 23 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sergio López (10 de marzo de 2013). "O avión perdido dos aliados". La Voz de Galicia.
- Noemí López Trujillo e Mónica Ferreirós (9 de abril de 2017). "El avión de la II Guerra Mundial del que, como del cerdo, se aprovechó todo en dos aldeas gallegas". El Español (en castelán).