El Español é un xornal en liña español[1] lanzado en outubro de 2015 polo xornalista Pedro J. Ramírez, ex director do diario El Mundo.[2]

El Español
Fundación7 de outubro de 2015
FundadorPedro J. Ramírez, María Ramírez, Eduardo Suárez e sen etiquetar
Lingualingua castelá
LocalidadeMadrid
Na rede
http://www.elespanol.com/
Facebook: elespanol2015 Twitter: elespanolcom Instagram: elespanol2015 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

En febreiro de 2014, Pedro J. Ramírez foi destituído do seu cargo de director de El Mundo. Entón embarcouse nun novo proxecto xornalístico[3] coa súa filla, María Ramírez Fernández. O capital obtívose en parte mediante financiamento participativo.[2][3]

O nome do sitio web, El Español, fai referencia, segundo Pedro J. Ramírez, ao diario fundado no século XIX por Blanco White en Londres para defender a liberdade en España.[4]

En agosto de 2016, El Español asinou unha alianza coa web de noticias de Barcelona, Crónica Global.

Liña editorial

editar

Este novo medio liberal-conservador completa un panorama dos medios de comunicación españois que sufriu importantes cambios nos últimos anos, con páxinas web de información creadas a miúdo por xornalistas despedidos durante os plans de despedimento levados a cabo polos principais diarios, El País e El Mundo en particular, incluíndo, entre os que se fixeron máis notorios, El Diario, de esquerdas, e El Confidencial, de centro-dereita.[3]

  1. Morel, Alexis (15 de outubro de 2015). ""El Español": le nouveau site d'info qui fait trembler le gouvernement Rajoy". France Info (en francés). 
  2. 2,0 2,1 "El Español". Courrier International (en francés). 
  3. 3,0 3,1 3,2 Morel, Sandrine (12 de outubro de 2015). "En Espagne, Pedro J. lance un site d’information à gros moyens". Le Monde (en francés). 
  4. EP (1 de xaneiro de 2015). "Pedro J. anuncia su nuevo diario digital, 'El Español', que estará operativo en otoño". El Confidencial (en castelán). 

Véxase tamén

editar

Ligazón externa

editar