Castelo da Picoña

antiga fortaleza situada na parroquia de Randín, no concello de Calvos de Randín

O castelo da Picoña foi unha fortaleza situada no outeiro da Almena, na parroquia de Randín, municipio de Calvos de Randín, no camiño que une Randín con Vilar e Vilariño[1]. Está situado ó leste da actual freguesía portuguesa de Tourém. Situado na Raia, na marxe esquerda do río Salas, era a cabeza das Terras da Picoña, defendendo o chamado Couto Mixto, que pasou ó reino de España polo Tratado de Lisboa de 1864. Consérvanse as ruínas dos alicerces, carecendo de clasificación por parte do poder público e de escavacións arqueolóxicas. Actualmente, só é visible o alxibe escavado na rocha.

Castelo da Picoña
Livro das Fortalezas 101- Piconha.jpg
O castelo no Livro das Fortalezas de Duarte de Armas, c. 1509.
ConcelloCalvos de Randín
ProvinciaOurense
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas41°53′33″N 7°51′59″O / 41.892408, -7.866286Coordenadas: 41°53′33″N 7°51′59″O / 41.892408, -7.866286
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(XII)
Estado actualEn ruínas
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

HistoriaEditar

Na época da Independencia de Portugal, intensificouse o poboamento das fronteiras con Galicia. Nesa fase, no século XII, o Castelo da Picoña constituíase en importante fortificación fronteiriza portuguesa, destinado a gornecer, xuntamente cos castelos de Portelo, Montalegre, Monforte de Río Frío e Chaves, a defensa dos acesos ós vales do río Cávado e do río Támega. A Carta Foral de Tourém é atribuída a D. Sancho I (1185-1211) en 1187, como cabeza das Terras da Picoña.

En 1650, no contexto da Guerra da Restauración, este castelo, xuntamente con outras prazas veciñas na rexión, foi demolido por tropas castelás.

A partir do ano 1732 deixaría de pertencer a Portugal e pasaría a Galicia. Con todo, até 1796, a alcaidía mor da Picoña seguiu a aparecer nos documentos reais e señoriais baixo dominio portugués. Nun auto de demarcación da fronteira de Portugal con Galicia de 1756 sinálase que «fica na Galiza mas é português». E nese ano de 1796 dise: Há nesta honra [Tourém] alcaidaria-mor do Castelo da Piconha que fica dentro, em Galliza, e vai huma estrada própria para ele pela freguezia de Rendim.[2] Aínda na Carta topográfica do Julgado de Montealegre de 1836, asinada por Fidencio Bourman, o castelo da Picoña segue a aparecer dentro dos límites de Tourém.

Conforme ós termos do Tratado de Lisboa, ó pasar a maior parte das dúas terras a dominio español en 1865, o termo da Picoña foi extinguido en 1866.[Cómpre referencia]

Galería de imaxesEditar

Outra vista do castelo. 
Plano do castelo. 
O castelo dentro de Tourém na carta de 1836. Apréciase tamén o Couto Mixto. 

NotasEditar

  1. Alexander de los Ríos Conde (23 de decembro de 2016). "O castelo que controlaba a república independente do Couto Mixto". Historia de Galicia. 
  2. Borralheiro, Rogério (2008). Tourém. Vila e concelho. História de uma Honra de Barroso (en portugués). Junta de Freguesia de Tourém. pp. 21–22, 48–49. ISBN 978-989-20-1266-7. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • GOMES, Rita Costa. Castelos da Raia (v. II: Trás-os-Montes). Lisboa: IPPAR, 2003.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar