Tourém

freguesía portuguesa do concello de Montalegre

Coordenadas: 41°55′08″N 7°53′28″O / 41.91889, -7.89111

Tourém é unha freguesía portuguesa do concello de Montalegre. En 2011 tiña 151 habitantes, 34 menos ca en 2001. Ten unha superficie de 16,61 km², cunha densidade de poboación de 9,1 hab./km². Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Barroso na diocese de Vila Real.[1]

Tourém
Tourem rio Salas.JPG
Tourém e o val do río Salas.
Freguesia de Tourém.svg
ConcelloMontalegre
PaísPortugal Portugal
Superficie16,61 km²
Poboación151 hab. (2011)
Densidade9,09 hab./km²
Entidades de poboación1

XeografíaEditar

A aldea de Tourém é a única poboación portuguesa situada ao norte da serra do Xurés, na marxe esquerda do río Salas, entre as aldeas galegas de Requiás e Guntumil (concelho de Muíños) e Randín (concelho de Calvos de Randín). Cara ao leste están o antigo castelo da Picoña e o territorio do Couto Mixto.

Parte da freguesía de Tourém constitúe, xunto con parte do concello de Mourão, un dos dous pequenos exclaves de Portugal, separada do resto do territorio polo encoro de Salas, accedéndose a ela a través dunha ponte.

HistoriaEditar

 
Tourém no mapa do bispado de Ourense de Joseph Cornide (1763).

Tourém figura nunha doazón ao mosteiro de Celanova de 1065, sendo esta a primeira mención coñecida. Recibiu carta foral do rei Sancho I de Portugal entre 1185 e 1211, permanecendo vencellado ao Castelo da Picoña até a súa destrución contra 1650. Desde esa altura constituíu concello de seu até a reforma de Passos Manuel de 1836, cando foi incorporado ao concello de Montalegre.[2][3]

Até 1868, data na cal entra en vigor o Tratado de Lisboa de 1864, estivo unido ao Couto Mixto mediante o Camiño Privilexiado. Este camiño atravesaba as terras de Calvos de Randín en Galiza até o Couto e estaba delimitado por mouróns ou marcos de pedra, marcados con diversos sinais, como cruces. Utilizado para o tránsito de persoas e de mercadorías, as autoridades de ámbolos países non podían realizar ningunha aprehensión dentro dos seus límites, nin podían molestar os seus usuarios.[4][5]

Malia pertencer desde antigo a Portugal, eclesiasticamente formou sempre parte da diocese de Ourense até 1882. Ese ano, co obxectivo de facer coincidir os límites civís cos relixiosos, executouse unha bula do ano anterior pola cal foi incorporada á arquidiocese de Braga.[6] Esta adscrición fixo que, entre 1812 e 1814, o bispo ourensán Pedro de Quevedo y Quintano se refuxiase na freguesía ao se negar a xurar a Constitución española de 1812, e o mesmo fixo o seu sucesor, Dámaso Iglesias Lago, durante o Trienio liberal (1820-1823).[7] En 1922 pasou a formar parte da nova diocese de Vila Real, igual cás demais freguesías do distrito homónimo.[8]

Tourém nun mapa da fronteira galego-portuguesa (últ. terzo séc. XVIII). Aparece en territorio galego. 
Tourém e o Couto Mixto no mapa do partido de Ourense de Juan Quintana (1807). 
Tourém e o Couto Mixto na Carta topográfica do Julgado de Montealegre (1836). Inclúe nos seus límites o castelo da Picoña. 
Tourém e os lugares do Couto Mixto na Carta Xeométrica de Galiza de Domingo Fontán (1845). 
Tourém e o Couto no mapa de José de Castro López sobre A Raia (1863). Apré­ciase a «estrada neutral» ou camiño privilexiado. 
Tourém e os lugares do Couto Mixto (séc. XIX). 

DemografíaEditar

Tourém aparece no «numeramento» de Xoán III de Portugal con 51 veciños en 1530.[9] Dada a súa pertenza á diocese de Ourense, tamén aparece no Censo dos Bispos de 1587 realizado na Coroa de Castela, figurando con 80 veciños.[10] Xa en 1706, na Corografia Portuguesa de António Carvalho da Costa indicábanse 90 veciños, mentres en 1796 aparece con 100.[11]

1801[11] 1827[12] 1844[13] 1849[14] 1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
Habitantes 411 296 450 484 557 590 550 512 574 515 718 607 552 522 361 259 218 185 151

     Censos     Outros

Gráfica de evolución demográfica de Tourém entre 1864 e 2011
Fonte: Instituto Nacional de Estatística.

PatrimonioEditar

 
Forno comunitario.
A porta de entrada ábrese entre a esquina do edificio e o primeiro contraforte, e presenta un lintel recto. Nunha das xambas está gravada na pedra a data de 1868, malia o tipo de arquitectura desta construción permita afirmar que a mesma é máis antiga. A edificación é datada por algúns autores no século XVII;[16] porén, outros remóntanse até os mediados do século IX.[17]
Na fronte do edificio, xunto á entrada e apoiada ás paredes, existe unha banca de tender o pan de grandes proporcións, de pedra maciza e cun frontal de cachotaría. Do lado dereito da construción e sobre unha plataforma (lar) áchase o forno propiamente dito, o cal posúe unha cámara con pavimento de laxes e teito abovedado. Hai tamén un nicho cadrado, o cal ten lintel recto e mesa subcircular e saliente.[18][17]
 
Igrexa de San Pedro.
  • Igrexa de San Pedro: Tamén coñecida coma a igrexa matriz de Tourém, o templo constitúe un valor patrimonial importante no contexto da arquitectura relixiosa medieval rexional, ao testemuñar a penetración dos modelos arquitectónicos románicos na rexión actualmente englobada polo concello de Montalegre.[19]
Preséntase como unha igrexa con fundación tardomedieval, razoabelmente conservada, probabelmente do século XIII (algunhas fontes referénciana como igrexa quiñentista,[15] por mor dos traballos de restauración desenvolvidos nese século), relacionada co mosteiro de Pitões das Júnias, como se pode apreciar na austeridade decorativa e a tipoloxía xeometrizante dos motivos deseñados, que seguen o modelo cisterciense deste mosteiro.[19] Este templo parroquial é, probabelmente, a igrexa que se refire no foral da Picoña, dado por Manuel I en 1515, onde se estabelece o foro a pagar pola igrexa de San Pedro.[19]
As obras máis recentes deixarían algúns elementos arquitectónicos considerados tardorrománicos na portada lateral do lado sur, de arco de volta perfecta, no arranque das paredes do corpo e tamén da capela mor.[18] Consérvase do templo orixinal a case totalidade da metade inferior da nave e a cabeceira executada en aparello isódomo, onde destaca unha clave de fresta no interior da capela mor con decoración esculpida e fragmentos de arquivolta de portada decorados con motivos lanceolados, que foron reaproveitados na parte superior da parede sur da cabeceira.[19]
A igrexa foi obxecto de moitas obras de mantemento e restauración en épocas recentes. No século XVI restaurouse a portada principal e durante o século XVIII fixéronse máis obras de mantemento que foron patrocinadas por Caetano Teixeira de Braganza, nomeado nunha lápida conmemorativa sobre a entrada da sacristía, onde se pode ler «Caetanus Teyxeyra de Bragança fecit fleri 1751».[15]
A igrexa ten unha única nave, estreita e longa con capela mor. Ten unha fachada principal de pano único, cunha portada de volta perfecta, de sete doelas, segundo o modelo característico do extremo oriental transmontano.[15] Sobre a portada posúe unha espadana con dupla sineira rematada en pinche e coroada cunha cruz de pedra. Sobre as esquinas, no tellado, hai dous pequenos pináculos de estilo barroco e no medio do alzado xorden dúas ménsulas que poden ter servido como lugares de apoio dun soportal. Gravadas nos perpiaños exteriores, a pouca altura, encóntranse varias cruces e siglas.[18]

Galería de imaxesEditar

Capela de Nosa Señora do Rosario. 
Vacas por Tourém. 
Vacas pola ponte sobre o Salas. 
Antiga ponte sobre o Salas. 
Encoro de Salas. 
Fronteira con Galiza. 

Lugares e freguesíasEditar

Lugares de TourémEditar

Freguesías de MontalegreEditar


NotasEditar

  1. "Paróquias do Arciprestado de Barroso". Diocese de Vila Real. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2018. Consultado o 30.12.2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Tourém". Município de Montalegre. Consultado o 30.12.2018. 
  3. "Tourém". Freguesia. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2014. Consultado o 30.12.2018. 
  4. Brandón, Delfín Modesto (1907). Tierra Gallega, ed. Interesante Historieta del Coto Mixto (en castelán). p. 15. 
  5. "Cruz de termo no Camiño Privilexiado do Couto Mixto". Patrimonio Galego. Consultado o 30.12.2018. 
  6. Hernández Figueiredo 2014, pp. 227-229.
  7. Hernández Figueiredo 2014, pp. 224-225.
  8. "A diocese". Diocese de Vila Real. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2018. Consultado o 30.12.2018. 
  9. Borralheiro 2008, pp. 23, 50.
  10. González, Tomás (1829). Censo de poblacion de las provincias y partidos de la corona de Castilla en el siglo XVI (en castelán). Madrid. p. 275. S. Pedro de Torei 
  11. 11,0 11,1 Borralheiro 2008, p. 50.
  12. Miñano, Sebastián (1827). Torey (San Pedro de). Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal (en castelán) VIII (Madrid). p. 474. 
  13. Hernández Figueiredo 2014, p. 225. Estatística elaborada polo gobernador eclesiástico Bedoya.
  14. Espinha da Silveira, Luís Nuno (2001). Os Recenseamentos da População Portuguesa de 1801 e 1849 III. Lisboa: Instituto Nacional de Estatística. p. 785. ISBN 972-673-491-6. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 "Tourém". Serra do Gerês. A página, não oficial, da serra mais espectacular de Portugal (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2012. Consultado o 3 de setembro de 2011.  |urlmorta= e |url-morta= redundantes (Axuda)
  16. Cunha, Secundino (7 de novembro de 2018). "Vida em comunidade no Gerês". Correio da Manhã (en portugués). 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 Varela Teixeira, David José (2005). O Ecomuseu de Barroso. A nova museologia ao serviço do desenvolvimento local. (PDF) (Tese) (en portugués). Universidade do Minho. pp. 50–51, 93. 
  18. 18,0 18,1 18,2 Almeida Fernandes, Paulo; Garcia, Liliana (2007). Leonel de Vieira, ed. Portugal Património. Guia - Inventário (en portugués). II: Vila Real, Bragança. Casais de Mem Martins, Rio de Mouro: Círculo de Leitores. pp. 10–11 (G02). ISBN 978-972-42-3908-8. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 "Arqueologia: Tourém". geira.pt (en portugués). Consultado o 31 de agosto de 2011. 
  20. Hernández Figueiredo 2014, p. 225.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazons externasEditar